O mércores as baixas presións estarán situadas entre Galicia e Irlanda, con predominio dos ventos de compoñente sur. Así, os ceos estarán parcialmente cubertos, con chuvias máis intensas e frecuentes no sur e oeste da Comunidade e de carácter máis illado e ocasional no terzo norte. As temperaturas sufrirán un lixeiro descenso. O vento soprará de compoñente sur, moderados pola mañá, diminuíndo a frouxos pola tarde, con refachos fortes na franxa costeira.

o noso mar: Vento do sudoeste á mañá e á noite e do sur á tarde, forza 4 a 6 á mañá, 5 a 6 á tarde e 3 a 5 á noite. Forte marusía á mañá e á tarde e marusía á noite. Visibilidade regular. Mar de fondo do sudoeste á mañá e oeste á tarde e á noite, con ondas de 4.5 a 5 metros á mañá e á tarde e 3.5 a 4.5 metros á noite.
Mareas
| Muros | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Baixamar | 01:10 | 1.3 m |
| Preamar | 07:32 | 3.1 m |
| Baixamar | 13:57 | 1.3 m |
| Preamar | 20:06 | 2.8 m |
| Vigo | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Baixamar | 01:02 | 1.4 m |
| Preamar | 07:24 | 3.1 m |
| Baixamar | 13:50 | 1.3 m |
| Preamar | 20:00 | 2.8 m |
| Vilagarcía | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Baixamar | 01:06 | 1.3 m |
| Preamar | 07:29 | 3.1 m |
| Baixamar | 13:53 | 1.3 m |
| Preamar | 20:03 | 2.8 m |
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)



