O martes continuaremos con predominio das altas presións e con ventos do suroeste. Agárdase un día de ceos con nubes e claros en xeral, con máis nubes na fachada atlántica. As temperaturas mínimas volverán a rexistrar un lixeiro descenso mentres que as máximas quedarán sen cambios significativos. O vento soprará do suroeste frouxo, con intervalos fortes entre Fisterra e Estaca de Bares a partir da noite.
A partir do mércores retiraranse as altas presións permitindo a entrada de sucesivas frontes a Galicia. Así a probabilidade de chuvia será alta. O vento predominante será de compoñente sur. Sen cambios significativos nas temperaturas, sendo sobre todo as mínimas, altas para a época do ano.
| Temperatura do aire (°C) | MINMAX 8° 16° |
| Temperatura da auga (°C) | 17° |
| Índice ultravioleta máx. | 1 |

O NOSO MAR: Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1 a 2 metros á mañá, 1 a 1.5 metros á tarde e 0.5 a 1.5 metros á noite. Visibilidade boa á mañá e á tarde e regular á noite. Mar rizado á mañá, marusía á tarde e forte marusía á noite. Vento do sudoeste á mañá e do sudoeste á tarde e á noite, forza 1 a 2 á mañá, 3 a 4 á tarde e 4 a 5 á noite.
Mareas
| Muros | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Baixamar | 00:23 | 0.7 m |
| Preamar | 06:46 | 3.9 m |
| Baixamar | 13:04 | 0.6 m |
| Preamar | 19:19 | 3.4 m |
| Vigo | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Baixamar | 00:15 | 0.7 m |
| Preamar | 06:35 | 3.8 m |
| Baixamar | 12:55 | 0.6 m |
| Preamar | 19:10 | 3.4 m |
| Vilagarcía | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Baixamar | 00:20 | 0.7 m |
| Preamar | 06:41 | 3.8 m |
| Baixamar | 13:00 | 0.6 m |
| Preamar | 19:15 | 3.4 m |
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)



