Espectacular envorco lateral en Padrón

19 Decembro 2022
Terras de Iria, equipo de garda foi mobilizado polo CIAE 112 por un accidente de tráfico con feridos e atrapados no concello de Padrón, na N550 km81. Xunto con Bombeiros Boiro, Garda Civil de Tráfico e Persoal do 061.

Ás 8:15 horas, o 112 recibiu o aviso dun novo accidente no quilómetro 81 da N-550, á altura de Iria Flavia (Padrón). Neste caso, foron os membros do GES de Padrón os encargados de excarcerar á persoa implicada, que non podía abandonar o seu vehículo, que quedara envorcado lateralmente.

Tras ser excarcerada, o persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, mobilizado a bordo dunha ambulancia encargouse de atendela.

No operativo participaron, ademais do GES, os servizos sanitarios, os Bombeiros de Boiro e a Garda Civil de Tráfico. Informouse tamén aos axentes da Policía Local e aos servizos de mantemento das estradas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.