En Ribeira unha campaña de control da poboación felina emprendida na cidade evitou o nacemento de 288 gatos de rúa

21 Decembro 2022
foto Angeles Doval

A concelleira de Servizos Sociais, Promoción Social, Igualdade e Diversidade, Ana Barreiro Rego, vén de participar na terceira edición das Xornadas Felinas Nacionais, na que a edil compartiu a experiencia da nosa cidade no marco dunha mesa redonda celebrada de forma virtual que estivo dedicada a abordar as dificultades e obstáculos para implantar o chamado método CER e as perspectivas para solventalos desde a perspectiva de diversos axentes, que contou tamén contou coa participación de representantes da asociación FdCats, CER Córdoba, Micos de Barrio e Fundación para el Asesoramiento y Acción en Defensa de los Animales (FAADA).
Así, o Concello de Ribeira, conxuntamente coa academia LaVocal e Formación e a Asociación Callejeros Barbanza, desenvolveu un control da poboación felina na cidade barbanzá aplicando o citado método CER (acrónimo de Captura, Esterización e Retorno).
Para levalo a termo se efectuaron actuacións de Captura- Esterilización-Retorno en 17 colonias dentro dunha zona delimitada entre Padra Pateira, Monumento, Rosalía de Castro, Pérez Galdós, Pero Meogo, Centenario, García Bayón, zona portuaria, Malecón, rúa Lugo, Casas Baratas, rúa Perú e Fafián.
Contabilizáronse en total 197 gatos nunha superficie de 1,32 kilómetros cadrados, o que implica unha densidade de poboación de 149 gatos por kilómetros cadrado. En total, revisáronse, estirilizáronse/ castráronse, desparasitáronse e marcáronse na orella a un total de 72 individuos, dos cales 24 eran machos e 48 femias. De estes, retiráronse da rúa 2 femias e un macho por presentar unha situación de vulnerabilidade incompatible coa vida na rúa.
Dado que cada femia ten unha media de dous camadas por ano e 3 cachorros por camada, despréndese que se evitou o nacemento en Ribeira de 288 gatos.

Durante os traballos detectouse que a maioría das colonias localizadas son alimentadas por unha mesma persoa e que un gran porcentaxe de puntos presentan moi poucos gatos, atopándose moi próximos uns de outros, en ocasións a distancias que poden oscilar entre os 50 e os 100 metros.
Paralelamente, tamén se efectuaron labores de control de organismos nocivos nas instalación do refuxio de gatos para mellorar a calidade de vida dos animais.
Enlace da mesa redonda das Xornadas Felinas Nacionais: https://youtu.be/z2OU7zC5tNE

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

Despunta el otoño sobre la ría de Arousa con una claridad de plata vieja y salitre, mudando los pinares de la isla de A Toxa en un mirador de sosiego donde la Galicia más atlántica y liberal renueva su vocación de encuentro. En este umbral de octubre, cuando la brisa...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.