“Darío Xohán Cabana, un home xeitoso”. Xulio Xiz

04 Decembro 2022

Darío era un home xeitoso. E dito esto, todos vós pensaredes que haberá infinitos adxectivos máis acaídos ca o de xeitoso, pero eu sei, estou vendo, que Darío sorrí. Como se o estivese vendo.

Porque xa hai ben tempo, sempre sorrindo como acostumaba, dixome: “Oe Xulio, e ti daste conta de que nos teus artigos utilizas o cualificativo de “xeitoso” con profusión?. Tenme chamado a atención, e así cho digo”.

Non sei que resposta lle din porque, a verdade, un é como é, sempre ás presas, improvisando, e sae o que sae, escribindo máis co corazón que coa cabeza. Pero ao decilo Darío, sei que tiña razón, e seguro que abuso de conceptos que os galegos asumimos, e que para os de fóra sería moi difícil traducir axeitadamente. “Axeitadamente”.

Xeitoso ou xeitosa será a persoa que sabe comportarse en todo momento como corresponde, que sabe ser neno cos nenos; vello cos vellos; empodeirado cos poderosos, e o máis humilde cos máis humildes. Darío, xa que logo, era unha persoa ben xeitosa.

Xeitoso é o que sabe ser parella amante; pai educador e inspirador; avó comprensivo e tolerante; servidor público achegado ao pobo que sirve; calado, risoño, equilibrando amor e humor, sempre pacifico e pacificador. Darío, tamén nesto, era un home ben xeitoso.

Xeitosa era, no galego antigo – o idioma que mamamos na aldea conservado polos nosos devanceiros -, a persoa que sabía axustarse ás circunstancias, e atopaba solución manual ou intelectual para os problemas de cada día, proporcionando tranquilidade, continuidade, evitando saltos e sobresaltos. Supoño que ninguén me negará que Darío era un home xeitoso

Se ao comezo eu estiven seguro de que Darío estaba sorrindo, polo feito de que tempo despois eu lembrara a sua non sei se corrección, se pura constancia de feitos, agora paréceme que está tapando os ollos como para non verme nesta circunstancia que ao mellor xa non é “xeitosa” para esta lembranza, cabodano, constancia de presencia entre nós por tantas pegadas literarias, tanto agarimo, e ata homenaxes que non fan máis que comezar.

Por se acaso comprobo que sinónimos de xeitoso veñen ser mañoso, apropiado, benfeito e agradable. Pois tampouco vou tan descamiñado cualificando a Darío, por activa ou por pasiva, como “xeitoso”.

E como un anda camiñando senón en tempo de desconto, se moi avanzado o partido da vida, teño a esperanza de dar chegado consciente ao ano 2031, para poder participar no “Día das Letras galegas” dedicado a Darío. Para todos nós, os “dariófilos”, vai ser algo moi XEITOSO.
(Palabras de Xulio Xiz na homenaxe a Darío Xohán Cabana en Lugo o 18.11.2022)

Outros artigos

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

+

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

+

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

Francia convive cada cierto tiempo con pequeñas revoluciones o estallidos sociales que,aunque comparten escenarios, responden a causas diferentes. Recuerden la revoluciónde Mayo 68 de la que Daniel Cohn-Bendit, uno de sus líderes, dice que entonces losjóvenes eran...

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.