Coas 92 rexistradas entre as 13 e as 18 horas, o 112 Galicia vén de contabilizar un total de 262 incidencias ao longo do día de hoxe. As máis frecuentes continúan a ser as relacionadas coa circulación, sobre todo por mor da caída de árbores ou pólas. Sen embargo, ningunha delas reviste gravidade. Con diferencia, a provincia máis afectada nas últimas horas é a de Pontevedra, na que se produciron máis da metade das incidencias rexistradas (50). Nin a de Ourense (19), a da Coruña (13) ou a de Lugo (10) chegaron á vintena.
Cómpre sinalar que a gran maioría delas estiveron relacionadas coa caída de árbores, pólas e outros obstáculos como restos de accidentes ou terra e pedras nas estradas, así como algunha bolsa de auga que puideron provocar alteracións puntuais na circulación nas vías das provincias de Pontevedra e de Ourense.
O martes Galicia continuará baixo o dominio das baixas presións. Deste xeito, o ceo estará parcialmente nubrado e precipitacións, máis ocasionais no interior da Comunidade. As temperaturas mínimas experimentarán un notable ascenso, mentres que as máximas non terán cambios ou lixeiros descensos. O vento soprará do suroeste, frouxo en xeral, moderado na costa.
Temperatura do aire (°C) | MINMAX 12° 17° |
Temperatura da auga (°C) | 17° |
Índice ultravioleta máx. | 1 |
O NOSO MAR: Vento do sudoeste, forza 3 a 5 á mañá e á tarde e 4 a 6 á noite. Marusía á mañá e á tarde e forte marusía á noite. Visibilidade mala. Mar de fondo do sudoeste, con ondas de 3.5 a 4.5 metros á mañá e 3 a 4 metros á tarde e á noite.
Mareas
Muros | ||
---|---|---|
Hora* | Altura | |
Baixamar | 00:29 | 1.2 m |
Preamar | 06:49 | 3.2 m |
Baixamar | 13:11 | 1.2 m |
Preamar | 19:18 | 2.9 m |
Vigo | ||
---|---|---|
Hora* | Altura | |
Baixamar | 00:20 | 1.2 m |
Preamar | 06:40 | 3.2 m |
Baixamar | 13:02 | 1.2 m |
Preamar | 19:10 | 2.8 m |
Vilagarcía | ||
---|---|---|
Hora* | Altura | |
Baixamar | 00:25 | 1.2 m |
Preamar | 06:46 | 3.2 m |
Baixamar | 13:07 | 1.2 m |
Preamar | 19:14 | 2.9 m |
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)