Apoio en Boiro ás traballadoras do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

16 Decembro 2022

Este xoves 15 celebrouse en Boiro o pleno ordinario da Corporación correspondente a este mes de decembro. A sesión contou coa totalidade dos membros da Corporación, 17, e pode verse íntegra, como de costume, na canle municipal de YouTube. No seu transcurso aprobouse a moción do grupo do PSOE para instar á Xunta a arranxar a problemática das traballadoras do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

Votacións da sesión plenaria

1. Moción do grupo municipal do PP en relación coa provisión de prazas no hospital comarcal da Barbanza – rexeitada co voto de calidade do alcalde ao contar con 8 votos a favor (PP e IC Boiro), 8 votos en contra (PSOE, BNG, Boiro Novo) e 1 abstención (non adscrito).

2. Moción do grupo municipal do BNG en relación coa Policía Local – aprobada por unanimidade (17 votos a favor).

3. Moción do grupo municipal do PSdeG-PSOE para instar á Xunta de Galicia a arranxar a problemática das traballadoras do consorcio galego de servizos de igualdade e benestar – aprobada con 10 votos a favor (PSOE, BNG, Boiro Novo, IC Boiro e non adscrito) e 7 abstencións (PP).

No apartado de mocións de urxencia a concelleira de Boiro Novo- grupo mixto presentou unha moción para completar a presentada polo PSdeG-PSOE e instar á Xunta a que nos criterios de baremación da estabilización se teña en conta a experiencia das traballadoras nos postos desenvolvidos. A moción foi aprobada con 10 votos a favor (PSOE, BNG, Boiro Novo, IC Boiro e non adscrito) e 7 abstencións (PP).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

Hei confesar -e confeso- que o canto do grupo galego Tanxugueiras ten para min, que gozo coas boas voces no eido musical, un atractivo moi especial. Particularmente a canción titulada "Pasaba por aquí", interpretada en castelán, que non é propia delas senón de Luis...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.