Alumnado da Pobra de Primaria recibiu exemplares da obra gañadora do cuarto Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro

20 Decembro 2022

A rapazada dos centros educativos da Primaria da Pobra do Caramiñal xa conta nas súas mans co libro Por mor de cinco pizzas aos catro queixos, de Xosé Antonio Neira Cruz, que resultou gañador da cuarta edición do Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro que convocan o Concello, a Editorial Galaxia e a A. C. Barbantia.

A concelleira da Cultura, Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), xunto coa técnica municipal desta área, Fita Sanisidro, desprazouse ata os CEP Salustiano Rey Eiras e CEP Pilar Maestú Sierra para facer a entrega dun total de 450 exemplares.

Esta acción atópase ao abeiro do compromiso adquirido por parte da Administración local con este certame literario que ten como premio unha dotación económica de 3 000 euros e a publicación na colección Árbore da referida editorial.

Proximamente darase a coñecer o nome do texto galardoado na quinta edición, proseguindo así coa homenaxe a Carlos Mosteiro, a promoción das autoras e autores en lingua galega de literatura infantil e o fomento da produción para inculcar o hábito lector nas xeracións máis novas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...