AGADEA e o Concello de Boiro habilitarán un servizo de estimulación terapéutica para persoas maiores con deterioro cognitivo

12 Decembro 2022

O Concello de Boiro estreitou a súa colaboración coa Asociación AGADEA, centrada en dar servizo ás persoas maiores con doenzas neurolóxicas e ás súas familias. Farao habilitando no termo municipal un novo servizo de estimulación terapéutica dirixido a persoas maiores con deterioro cognitivo. Na presentación deste servizo, celebrada na mañá deste luns 12 de decembro, participaron o concelleiro de Servizos Sociais, Raúl Treus; a presidenta de AGADEA, Isabel Gey; e a coordinadora do Centro de Día Alzhéimer de Ribeira, Laura Somoza.

Detalles do novo servizo

A Asociación Galega de Axuda aos Enfermos con Demencia tipo Alzhéimer (AGADEA) vai levar a cabo en Boiro un servizo de terapias dirixido a persoas maiores con deterioro cognitivo e persoas con demencias neurodexenerativas como o alzhéimer, frontotemporal, corpos de Lewy… “Retomamos este servizo que é moi importante para as persoas diagnosticadas porque axuda a previr o deterioro, e tamén para as familias porque contribúe ao respiro familiar”, afirmou o concelleiro Raúl Treus, engadindo que o obxectivo destas actividades é “retardar o deterioro da enfermidade; traballar a memoria, a orientación, a linguaxe e o cálculo, ou mellorar a calidade de vida e as relacións interpersoais”. E engadiu Isabel Gey: “Este servizo vai facer fincapé tamén na formación. Existe un cambio de paradigma nas persoas diagnosticadas xa que cada vez son mais novas, e hai moito estigma que convén ir limando para evitar o illamento destas persoas e frear o deterioro cognitivo”.

De xeito paralelo, AGADEA prepara en Boiro unhas charlas dirixidas á poboación xeral que teñen como obxectivo formar e informar sobre o alzhéimer e outras doenzas cognitivas. A primeira delas, un faladoiro impartido pola neuróloga Clara Domínguez, será este mércores 14 de decembro ás 17.30 horas no Centro Social de Boiro. A segunda das actividades celebrarase o vindeiro mércores día 21 de decembro ás 17.30 horas no Centro Social de Boiro.

O servizo de estimulación terapéutica vaise levar a cabo no Centro Social de Abanqueiro os luns, mércores e venres en horario de 15.30 a 18.30 horas. Toda a información sobre o servizo e inscricións no departamento de Servizos Sociais do Concello de Boiro ou en AGADEA, no teléfono 672 705 053 ou no enderezo electrónico cdiaribeira@xunta.gal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

Hei confesar -e confeso- que o canto do grupo galego Tanxugueiras ten para min, que gozo coas boas voces no eido musical, un atractivo moi especial. Particularmente a canción titulada "Pasaba por aquí", interpretada en castelán, que non é propia delas senón de Luis...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.