A voz de Valle escóitase en galego a través do conto “A miña irmá Antonia”

02 Decembro 2022

O Centro Internacional de Prensa de Galicia acolleu a presentación da obra “A miña irmá Antonia”, de Ramón María del Valle Inclán que se edita agora en lingua galega e versión facsímile. Trátase dun relato publicado en 1909 un dos contos breves para adultos máis depurados do escritor, unha obra de misterio que se desenvolve en escenarios moi coñecidos do casco vello compostelá e que son recollidos de forma ilustrada nesta nova publicación.

No acto de presentación desta edición de “A miña irmá Antonia ‘estiveron presentes o neto do escritor, Xaquin del Valle-lnclán; o director do museo adicado ao literato Antonio González Millán, o secretario Xeral de Política Lingüística, Valentin García, a traductora da obra, Rocio Vieitez, e o editor e responsable das fotografías da obra, o sonense, Adolfo Enriquez.

Durante la presentación do libro ofreceuse unha escolma dramatizada do texto por parte do actor Roberto Leal e a actriz Gloria Rico.

Xaquin del Valle-lnclán, neto do escritor

Promovendo a publicación deste libro atópase un novo proxecto co que se pretende poñer en valor contemporáneo e dinamizar o legado do escritor galego máis universal. Trátase do FORO GALICIA E VALLE-INCLÁN, proxecto que conta coa presencia de destacados profesionais e valleinclanistas.

O acto de onte foi a data elixida para a constitución desta entidade de ámbito galego. Unha iniciativa que se centrará na promoción e na realización de actividades e accións relacionadas co xenio literario e ca figura humana do autor arousa guiado por un ideario integrador do ronsel creativo de Ramón del Valle-Inclán co toda a Comunidade de Galicia.

Outros artigos

Inaugurada na Pobra unha exposición pictórica de Ricardo Leal

Unha trintena de cadros integran a nova exposición que loce na Casa da Cultura Raquel Fernández Soler. Unha afección pola arte que Ricardo Real foi cultivando ao longo dos anos e que se materializou xa en mostras previas na Pobra do Caramiñal, así como en localidades...

+

Accidente con catro coches en Padrón

GES Padrón Na tarde deste venres, case ás 18:00 horas, produciuse outro accidente con catro turismos implicados, no quilómetro 75 da N-550. Segundo lle comentou o alertador ao 112 Galicia, había unha muller que precisaba asistencia sanitaria. Con isto, os xestores do...

+

Ribeira acollerá a “Ruada do Traxe tradicional Aires de Dorna”

Este venres tivo lugar a presentación da IV Ruada do traxe tradicional organizado pola asociación “Aires de Dorna”, o acto estará integrado nos festexos de Santa Uxía e terálugar o vindeiro sábado 14 de setembroÁ presentación asistiron: o segundo tenente de Alcalde...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Carta a los visitantes” – Manuel Domínguez

“Carta a los visitantes” – Manuel Domínguez

Carta a los visitantes, viajeros, casi residentes, propietarios, que han decido pasar el verano o las fiestas en esta nuestra Barbanza. No me parece a mí adecuado llamaros turistas, pues quien viene un año, regresa al siguiente y el embrujo, el enamoramiento de estas...