A Rede CeMIT conectará a preto de 1.000 nenos e nenas de toda Galicia con Papá Noel a través de vídeo-conferencia

12 Decembro 2022

Desde este 12 decembro e ata o 21 deste mesmo mes un total de 830 alumnos de Educación Infantil de 25 concellos de Galicia poderán realizar as súas peticións de Nadal a Papá Noel grazas á rede de vídeo-conferencia das aulas CeMIT, presentes en todas as comarcas galegas. O alumnado de Infantil de Celanova e Sarreaus será o primeiro que reciba esta visita nas aulas CeMIT destes concellos. Este intercambio de mensaxes comeza este luns 12 de decembro a partir das 10 da mañá, cunha duración de media hora en cada localidade.

Nos seguintes días, ata o 21 de decembro inclusive, conectarán con Laponia as aulas CeMIT de Abegondo, Arzúa, Beariz, A Cañiza, Carballedo, Castrelo do Miño, Castro Caldelas, Catoira, Corcubión, Fisterra, A Fonsagrada, Leiro, Marín, Monterroso, Muros, Ortigueira, Riotorto, Santa Comba, Valga, O Vicedo, Vilagarcía e Vimianzo, ata completar así as 24 localidades que recibirán a visita virtual de Papá Noel e un total 830 nenos e nenas en 34 sesións

O obxectivo desta actividade, que neste ano cumpre o seu décimo quinto aniversario e que conta cun gran interese e aceptación entre a comunidade educativa, será “facilitar a comunicación entre Papá Noel e os nenos e nenas destas localidades, que poderán falar e interactuar con el poucos días antes da Noiteboa, cando se atendan as peticións de agasallos de todos os nenos e nenas do mundo”.

Ademais dos alumnos Infantil dos diferentes colexios de Galicia, tamén terán a posibilidade de solicitar en directo os seus agasallos a Papá Noel as persoas adultas en situación de dependencia psíquica do Centro de Día de Guitiriz ou da Asociación ASPROMOR de Ortigueira.

Con este tipo de experiencias, a rede CeMIT da Xunta de Galicia (AMTEGA) busca “converter estas aulas multimedia en puntos de encontro dos municipios e dar a Coñecer todas as posibilidades que ofrece este tipo de espazos de comunicación e a tecnoloxía da que dispoñen”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.