A Pobra acolle este 30 de decembro unha Gala Lírica de Zarzuela

23 Decembro 2022

A axenda do Nadal da Pobra do Caramiñal intensifícase cunha zarzuela que terá lugar no 30 de decembro. A gala lírica contará coa soprano Esperanza Mara e o barítono Gabriel Alonso.

Haberá unha única sesión ás 21.00 horas, no Teatro Cine Elma, e a entrada consistirá na entrega dun quilogramo de alimentos non perecedoiros.

A reserva de prazas efectuarase no enderezo electrónico concertosateneomusicaldapobra@gmail.com ou no 678895933.

Organizan conxuntamente a Concellaría da Cultura, da cal é titular a edil Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), e a Banda de Música Ateneo Musical da Pobra do Caramiñal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.