A Pobra achega unha finde de intensa actividade cultural co IV Ciclo Victoriano García Martí

01 Decembro 2022

O calendario cultural da Pobra do Caramiñal dá a benvida ao mes de decembro co IV Ciclo Victoriano García Martí. A finalidade desta programación é “seguir afondando na traxectoria vital e profesional deste fillo predilecto da localidade, quen destacou polas súas múltiples facetas, pero cultivou especialmente a escritura e o xornalismo”, explicaron dende o Concello. Por todo isto, a Concellaría da Cultura, da cal é titular a edil Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), continúa coa folla de ruta deseñada para divulgar o legado deste ilustre veciño.

A conferencia O cabaleiro da Pobra e unha reveladora novela, a cargo de Esperanza Mariño Davila, iniciará esta cuarta edición no día 2, ás 20.00 horas, no Auditorio do Museo Valle-Inclán.

E o groso das propostas concentrarase no día 3: ruada con Trécola por espazos céntricos da vila, das 18.30 horas en diante; ofrenda floral ante o busto do intelectual, na propia praza García Martí, ás 19.00 horas; e presentación da edición facsimilar El emigrante (1931), da man de Xesús Laíño Briones-Arén, no Auditorio, ás 19.30 horas.

As actividades están abertas á cidadanía sen necesidade de inscrición previa.

Outros artigos

Esther Piñeiro presenta en Noia o seu libro poemas “Sempre Lela”

A autora Esther Piñeiro presentará en Noia Sempre Lela, publicado pola editorial local Toxosoutos. A cita será este venres 25 de setembro ás 20.30 horas, na Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos. Trátase, segundo avanza o Concello de Noia nas redes, dun pequeno...

+

Muros acolle o martes 22 unha xornada sobre accesibilidade cultural

O Centro Cultural e Xuvenil de Muros acollerá o vindeiro martes 22 de setembro, en horario de 10:00 a 14:00 horas, a xornada Cultura para todas, unha iniciativa promovida pola área de Cultura da Deputación da Coruña no marco do programa A Cultura é un Dereito. A...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.