A apertura do belén ribeirense e o prendido das luces de Nadal atraen a numerosos veciños

02 Decembro 2022

A cidade de Ribeira acaba de escenificar a benvida a un novo Nadal logo de que fai uns intres se
procedeuse á apertura do Belén Municipal e máis a un simbólico acendido do alumeado propio destas festas.
Así, pasados uns minutos das sete da tarde desvelouse no Malecón o nacemento no que dende fai varias semanas veñen traballando tanto a brigada de obras como usuarios do módulo de carpintería da UAD.
Este ano o Belén está dedicado á paz e a auga. Como mostra do primeiro, foi un neno ucraíno afincado no noso municipio por mor da guerra que sen encargou de esconder a figura do caganet, mentres
que no ánimo de resaltar o segundo aumentouse a parte do río que atravesa a creación, ademais de erixir novas fontes.
Acto seguido e a ritmo da charanga Os Celtas de Baña, a veciñanza congregada desprazouse ata a praza do Concello para procender a prender a iluminación. Alí dixo unhas palabras o alcalde Manuel Ruiz,
quen explicou que pese que en parte da cidade e nas parroquias aínda hai que agardar uns días para que estea en marcha esta decoración luminosa, se quixo facer este acendido como unha medida de apoio aos comercios, recordando ademais que a partir do próximo sábado 10 de decembro estará en marcha a campaña dos bonos QR con descontos de 30 euros.
Tras a súa breve intervención foi un rapaz, David, quen, dentro dunha estrutura con forma de regalo disposta no centro da praza, apretou o botón que acendía as luces de Nadal.
Para finalizar, os numerosos asistentes puideron desfrutar dun chocolate con churros.

Outros artigos

Abertas as inscricións para a nova Andaina San Silvestre Rianxo

BeOne Rianxo Piscina Municipal de Rianxo organiza unha nova edición da Andaina San Silvestre Rianxo. Será o 31 de decembro a partir das 10.00 horas. A distancia a percorrer será de 12 quilómetros. As inscricións están abertas e teñen un custe de 10 euros máis a achega...

+

Na Pobra o espírito do Nadal xa se vive no CAD

Comeza o mes de decembro e o CAD situado na Pobra do Caramiñal xa ten todo preparado para o Nadal. De feito, neste día 1 deron a benvida oficial a esta época festiva.Un trineo, unha casiña de xenxibre ou a caixa de correo para os Reis Magos son algúns dos elementos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O falar das pedras”. Luís Celeiro

“O falar das pedras”. Luís Celeiro

O falar das pedras é moito falar. Din o que saben, o que pasaron e o que será. As pedras gardan as mensaxes do tempo, as raias dos anos, dos miles e millóns de anos e cóntannolo aos que as escoitamos, aos que as miran e as queren. Millóns de anos escribindo e deixando...