Xa está dispoñíbel en pre-venda o Calendario Solidario 2023 de Ambar

16 Novembro 2022

A Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional comunicou esta semana que xa ten dispoñíbel para a súa pre-venda ou reserva o Calendario Solidario 2023. A asociación da nosa comarca fixo saber, con motivo do lanzamento, que esta novena edición vai “ser bastante especial” xa que por primeira vez versará sobre doce das series españolas máis recoñecidas.

Para a elaboración do calendario volveuse contar coa colaboración do fotógrafo Victor Manuel Martínez (Pichero) que nestes momentos está traballando cos protagonistas do Calendario Solidario 2023. Este ten un custe de sete euros na súa versión de parede e 3,50€ na de mesa. Pode reservarse tanto na web da entidade (asociacionambar.org) como nas canles habituais. Ou sexa, chamando ao número 981 87 44 80 ou escribindo a correo@asociacionambar.org. As primeiras 20 persoas que o reserven recibirán un agasallo dos obradoiros artesanais de Ambar.

Un calendario de película

Este proxecto, que comezou a súa andadura no ano 2015 e que promove o cine con valores sociais e o apoderamento das persoas con diversidade funcional a través da expresión artística, é unha iniciativa para recadar fondos que sustenten proxectos dirixidos a mellorar a autonomía e a calidade de vida das persoas con diversidade funcional.

O lanzamento acompañouse dun vídeo promocional no que se amosa a elaboración do calendario.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.