Ribeira vai conmemorar o 25-N cun completo programa de actividades

11 Novembro 2022

O Concello de Ribeira presentou o programa municipal de actividades para conmemorar e visualizar o 25-N, o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero. Foi dado a coñecer pola concelleira de Servizos Sociais, Ana Barreiro, xunto coa directora do CIM Dolores Crujeiras, que salientaron o importante número de accións previstas, que inclúen un curso de autodefensa, eventos escolares, espectáculos de maxia e contacontos, un stand Agresión Off ou unha campaña en redes sociais. Tamén está programado o tradicional acto institucional do 25 de novembro.

A campaña nas redes

Así, a partir deste venres 11 de novembro arrancará unha campaña denominada #unhaimaxeporelas na que a través de diversas redes sociais, pantallas dixitais e a web do Concello (www.ribeira.gal) búscase facer “unha homenaxe ás mulleres falecidas este ano por violencia machista”, difundindo adiario carteis que combinan a fotografía en branco e negro dalgún lugar do municipio cunha breve descrición biográfica de cada vítima.

Actividades para escolares

No concernente a actividades destinadas a alumnado, o mércores 23 de novembro haberá un espectáculo de maxia no Auditorio Municipal destinado a 4º e 5º de Primaria dos centros educativos do municipio que levará por titulo A igualdade non ten truco (de 10 a 13 horas).

O martes 29 de novembro, na praza do Concello, emprazarase un stand Agresión Off entre as 11 e as 18 horas, con participación de alumnado de 1º de ESO. E tamén hai que recalcar a celebración de sesións contacontos en streaming que ten como destinatarios estudantes dende 4º de Infantil ata 3º de Primaria.

Outra iniciativa a ter en conta será o autodefensa dirixido a mulleres maiores de 18 anos que terá lugar na Fieiteira o 26 de novembro en horario de 10 a 14 e de 17 a 21 horas, impartido por profesionais da Rede Galega de Entidades Locais contra a Violencia de Xénero.

E na véspera, venres 25 de novembro, a praza do Concello acollerá a partir das 11 horas un acto institucional no que se lerá un manifesto e se gardará un minuto de silencio, ademais de albergar unha performance da soprano noiesa Esperanza Mara. O evento está aberto a toda a cidadanía, ademais de contar coa participación de alumnado de ESO e FP básica que tamén efectuarán unha vistosa actividade na que estudantes portarán uns cubos cos nomes das vítimas que serán utilizados para montar unha especie de stand estilo lego.

Ana Barreiro recordou que o Concello tamén se adheriu tanto á X Andaina contra a violencia de xénero Campaña ao Respecto da Xunta de Galicia, como á campaña De fronte da Deputación.

Outros artigos

Palmeira acolle este sábado o Campionato Galego Absoluto de Taekwondo

Este sábado 14 de decembro disputarase o Galego Absoluto no Pavillón Torres Colomer de Palmeira (Ribeira). Trátase dunha cita deportiva de primeira liña que recolle aos mellores taekwondistas da nosa comunidade e que, segundo avanza a organización, deparará aos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Fiscal y la corrupción”. José Castro López

“El Fiscal y la corrupción”. José Castro López

José Castro LópezLa semana pasada “enriquecí” mi carpeta de noticias raras y curiosas incorporando unanueva que, si me la cuentan y no la veo publicada en medios serios, no la hubieracreído: “El Fiscal General del Estado y el ministro presidente de la Comisión Federal...