“Por que calan os eurodeputados españois os acordos adoptados na Eurocámara en relación co sector pesqueiro?”. Antón Luaces

01 Novembro 2022

Mala mar me deixe, dicían -hoxe non tanto porque xa non hai, prácticamente- os mariñeiros ortegaleses, máis en concreto de Cariño, cando algo saía mal porque tiña que sair así.

Mais hai ocasións -esta é unha- na que un debe botar man doutro dito dos mariñeiros cariñenses: “o demo non me nunca”, que non souben xamáis dicir o seu significado pero que ven ao fío do que agora mesmo me formulo: os eurodeputados españois, as organizacións do sector pesqueiro representadas en España e Europa, non se enteraron antes de agora dos plans do eurocomisario de Pesca, señor Sinkevicius, para vetar este outono a pesca de fondo en 87 zonas atlánticas comunitarias?. É a Comisión de Pesca, por sí soa, quen de sentar as bases que impiden a pesca de fondo entre os 400 e os 800 metros dunha superficie de mar de máis de 16.000  quilómetros cadrados sen que ninguén detectara -ata vai tres semanas- que a frota pesqueira española ía perder ducias de barcos de distintas modalidades -pero todas estas de  moi directa relación coas artes de fondo- deixando en terra unha manchea de mariñeiros e no disparadoiro do achatarramento ou a venda todos aqueles buques que xa non poderán pescar nas augas nas que aprenderon ao facer a moitos homes e mulleres que hoxe se poden gabar en Europa de seren pescadores?. Que fan os deputados europeos españois intregrados nas comisións que teñen que ver co mar e a pesca?. Talvez non se enteran dos asuntos que se debaten?. É posible que toda unha organización plenamente asentada en Europa e con sede en Bruxelas como é Europêche non tivera coñecemento antes de agora do que a Comisión de Pesca do señor Sinkevicius  tramaba?.

Algo cheira mal máis acó de Dinamarca para que tal e tanto silencio se botara enriba deste polémico asunto sobre o que, por certo, a patronal Cepesca  falou menos ca Federación Nacional de Confrarías de Pescadores, e Cepesca ten coma secretario xeral ao presidente de Europêche.

O partido maioritario na Eurocámara é o Partido Popular Europeo, do que forma parte o PP español. Tampouco o partido da oposición en España tivo constancia da que se lle viña enriba ao sector pesqueiro español ata o de agora?.

Para min  que hai moitos silencios, repito, e que o da pesca de fondo cheira a caldo de repolo, como mínimo.

Non me cadran as contas, e Sinkevicius está moi tranquilo, sumamente tranquilo. Moito máis co sector pesqueiro español que tanto depende das augas actualmente vedadas para a maioría dos barcos españois que realizan pesca de fondo.

Señor ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación: realmente non se sabía nada en España ou houbo calada por resposta?.  

Outros artigos

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

+

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

+

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

Francia convive cada cierto tiempo con pequeñas revoluciones o estallidos sociales que,aunque comparten escenarios, responden a causas diferentes. Recuerden la revoluciónde Mayo 68 de la que Daniel Cohn-Bendit, uno de sus líderes, dice que entonces losjóvenes eran...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.