O Son regulará o urbanismo de todo o centro histórico local

21 Novembro 2022

A Corporación municipal de Porto do Son acaba de aprobar no pleno ordinario de novembro a autorización de acceso ao fondo de cooperación do Instituto Galego de Vivenda e Solo que permitirá á Administración local o desenvolvemento dos dous plans especiais de protección e reforma interior que aparecen no plan e que ata o día de hoxe non puideron ser materializados s por supoñer un importante investimento e non dispoñer dos fondos para poder levalo a cabo.

Coa redacción de ambos os plans preténdese poñer en valor os cascos antigos, potenciar os elementos de interese monumental, por exemplo a tipoloxía tipo mariñeira, as fábricas de salgadura ou cruceiros, e erradicaranse as arquitecturas disonantes e apostarase pola rehabilitación respectuosa con esta arquitectura tradicional á vez que se evitará a deterioración das vivendas do núcleo.

O importe da actuación ascende a un total de 350.900 euros que serán financiados a través dun fondo que o IGVS pon ao dispor dos concellos para financiar intervencións de rehabilitación e conservación do seu patrimonio.

A tenente de alcalde de Porto do Son, María Maneiro Quintáns, explicou que se planificará sobre dous ámbitos diferenciados: Pepri-01, que envolve o casco antigo de Porto do Son e que comprende unha superficie de 91.288 metros cadrados; e Pepri-02, que envolve o núcleo rural do Outeiro e abarca unha superficie de 32.956 metros cadrados. O cronograma para a tramitación estímase en ano e medio desde o inicio da mesma, polo que estaría en vigor no ano 2024.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.