O número 41 da edición impresa de “O Barbanza” está xa en distribución de balde na comarca

16 Novembro 2022

Como todo los meses sae un novo número da nosa revista mensual en papel. O número 41 O Barbanza destaca no seu contido a axenda antimachista da comarca que se vai celebra o vindeiro día 25 co gallo do Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller, á que dedicamos amplo espazo no interior.

Entre os contidos que recollemos facemos reconto das obras e proxectos da comarca onde a actividade municipal pon o foco en rehabilitar e acondicionar. Tamén celebramos o pre-Nadal e pasamos revista ás actividades culturais. A cara e cruz da conservación do noso patrimonio é outro dos capítulos que tratamos neste número, o 41.

Despois de pasar reconto á actualidade concello por concello, tratamos as novas medidas para
dinamizar o mercado laboral galego, a Xuventude Mentoring no que a mocidade galega ten á súa disposición unha rede de empresas e profesionais para guiala nos seus inicios laborais e xa no aspecto cultural recollemos novidades editorias, as diferentes formas de reivindicar o galego con actividades en Ribeira e Noia, e na nosa historia a memoria do mozo José María Fuentes Fernández “Chema”, veciño de Outes nos 50 anos do seu asasinato que levantou á USC e Santiago contra o franquismo e o terceiro e darredeir capítulo a lenda do Abadiño e o secadoiro de bacallau.

Como é habitual a nosa edición, cunha tirada de 7.000 exemplares, está xa en distribución en todos los concellos da comarca e pódense conseguir de balde en numerosos puntos ou ben descargalos en pdf desde o enlace: O Barbanza ou ben leelo nas distintas plataformas como pc, tablet e móbiles.

Invitarvos a seguirnos a diario en “www.obarbanza.gal“, onde xa mais de 2.200 usuarios únicos/día seguen a actualidade da comarca as 24 horas. E tamén lembrar que podedes recibilas novas do día de balde por email, no resume da xornada que a diario mandamos ós xa varios centos de amigos a través do noso boletín “http://boletin.obarbanza.gal” o que podedes subscribirse.

Coma sempre as nosas redes sociais acollen xa varios milleiros de seguidores e podedes darvos de alta a través de facebook e twitter.

Coma sempre o noso agradecemento polo apoio ós que nos seguides e a petición de que nos dedes a coñecer e nos apoiedes en redes sociais.

Outros artigos

Xoves 24, ceo despexado e temperaturas en ascenso

O xoves, Galicia estará baixo influencia anticiclónica, o que traerá unha xornada de transición meteorolóxica. Pola mañá, néboas e nubes baixas cubrirán o ceo, pero darán paso a ceos despexados en xeral. Pola tarde, poderán formarse nubes de evolución no interior, sen...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ruido de fondo, de Alfredo Conde”. Alberto Barciela

“Ruido de fondo, de Alfredo Conde”. Alberto Barciela

“No empiecen a leer si creen que estas líneas son las del comienzo de una historia. Este no es el comienzo de tal cosa. Tampoco lo es de unas memorias. Ni siquiera es una evocación. Estas líneas tratan tan solo de una brisa que pasa. Las brisas pasan. Se suceden unas...