“O eurocomisario Sinkevicius non vai flexibilizar o veto á pesca de fondo”. Antón Luaces

29 Novembro 2022

Que o sector pesqueiro galego non ten absolutamente nada que agradecer ao eurocomisario de Pesca, o lituano Virginijus Sinkevicius, é algo que ninguén pon en entredito. A súa decisión unívoca de vetar a pesca de fondo en 87 zonas dos mares comunitarios europeos acadou o aplauso dos ecoloxistas e o rexeitamento sen dúbidas de todos cantos en Galicia -e en España- viven da pesca.

Cando aínda non se cumpriron dous meses da aplicación dese veto, os efectos deste están á vista de todos nas lonxas galegas onde neste tempo se reduciron en máis de mil toneladas as capturas subhastadas (o 50% das descargas da frota pesqueira, segundo a conselleira do Mar, Rosa Quintana) o que significou para o sector unha facturación inferior nun 20% (dados provisionais referidos ao primeiro mes da prohibición imposta pola Comisión Europea.

Queda nidiamente claro que Galicia ten razón en solicitar á CE a suspensión temporal de tal prohibición, pero resulta evidente que o comisario de Pesca Sinkevicius  non está polo labor. A súa actitude evidencia unha rotunda negativa a, cando menos, flexibilizar ese veto á pesca de fondo por máis wue deixaría unha porta aberta á esperanza cando, semanas atrás, dixera que o ”veto” podería ser revisado no vindeiro mes de xaneiro, (o que non implica que se produzan cambios na actual situación.

Tampouco afecta a Sinkevicius que a conselleira do Mar comentara recentemente en Celeiro que ese veto vai en contra dos aspecto os medioambientais  e socioeconómicos que defende a Polìtica Común de Pesca (PPC). E tendo en conta que a decisión nen sequera está baseada neses principios fuindamentais (ou polo menos non conta con eses apoios) pouco se pode esperar dun comisario de Pesca que, nos seus poucos anos de andaina comunitaria non  tivo nen  o máis mínimo sentido da realidade dun sector, o da pesca, para el absolutamente descoñecido.

Outros artigos

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

Dentro de unos días todos los españoles tendrán la oportunidad de cambiar de Gobierno y que éste sea mucho mejor que el anterior. El Gobierno de Pedro Sánchez ha estado rodeado de múltiples investigaciones tanto a nivel personal como el de un presidente que prometió...

+

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

O próximo día 25, despois da misa dominical, ás 11.30 horas, celebrarase na parroquia de Rairiz de Veiga, do homónimo concello ourensán da Limia, un acto promovido pola Asociación de Funcionarios-as para a Normalización Lingüística encadrado na iniciativa En galego,...

+

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

+

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

Hei confesar -e confeso- que o canto do grupo galego Tanxugueiras ten para min, que gozo coas boas voces no eido musical, un atractivo moi especial. Particularmente a canción titulada "Pasaba por aquí", interpretada en castelán, que non é propia delas senón de Luis...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.