O BNG reclama o arranxo das tapas de sumidoiro na rúa Rodríguez Bautista de Ribeira

08 Novembro 2022

O BNG solicitou o arranxo das tapas de sumidoiro na rúa Rodríguez Bautista, polas molestias que están a provocar aos condutores e viandantes e polo “mal estado no que se atopan o firme e a súa ancoraxe”. E engaden: “As veciñas e veciños están cansos de ter que soportar o ruído que producen as tapas de sumidoiros que hai por toda a estrada polo que puxeron a situación en coñecemento do BNG que trasladará esta petición ao Concello de Ribeira para que se busque unha solución inmediata”.

O portavoz do Bloque, Luís Pérez Barral, informa de que esa estrada ten moito tráfico “por ser unha principais vías de acceso ao centro urbano e tamén para moitas veciñas e veciños que se dirixen á Mámoa, Carreira, Aguiño, etc. Moitas das tapas están mal encaixadas e o firme que as rodea está moi deteriorado, polo que cada vez que pasa un automóbil ou camión provoca un ruído constante e molesto para as veciñas e veciños que viven na zona, sobre todo pola noite”.

O portavoz do BNG engade que a acumulación de tapas de sumidoiro no medio do firme “tamén supón un serio risco para a seguridade viaria, sobre todo nos día de chuvia porque dificultan a adherencia das rodas de vehículos e motocicletas ao firme da estrada”.

Pérez Barral sostén que o Goberno local “desatende as demandas veciñais e négase a aumentar o mantemento provocando molestias na cidadanía”. Ante esta situación o BNG vai solicitar que se realicen as tarefas oportunas de mantemento que eviten o ruído que producen as tapas de sumidoiro e pedirá que todas as tapas que se teñan que facer no firme das estradas “contemplen as medidas oportunas para evitar que fagan ruído ou sexan un risco nos días de chuvia”.

Outros artigos

Conferencia de Rosario Sarmiento no Museo do Gravado de Artes

O 1 de abril comezaba da man da Real Academia de Belas Artes coa conmemoración do Día das Artes Galegas que neste ano homenaxea a Isaac Díaz Pardo. En Ribeira, como non podía ser menos, imos ter unha especial presenza de accións ao redor da vida e obra do intelectual,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Portas xiratorias, interese público”. José Luís Calo

“Portas xiratorias, interese público”. José Luís Calo

España ten moito que mellorar na loita contra a corrupción. O Grupo de Estadoscontra a Corrupción do Consello de Europa (GRECO) publicou dous informes deseguimento que avalían o cumprimento por parte de España das súasrecomendacións para previr a corrupción. O “GRECO”...