O BNG pide neste 25N máis recursos, orzamentos e dereitos para evitar a violencia machista

25 Novembro 2022

No Día internacional da eliminación da violencia contra a muller, o BNG defendeu a necesidade de dotar de máis recursos, máis orzamentos e máis dereitos a loita contra a violencia machista, fronte á que instan a manterse fortes e non dar “nin un paso atrás”.

Así o afirmou a concelleira e responsábel de feminismo do BNG na Barbanza, Cruz Rivadulla, motivo deste 25N, Fortes contra a violencia machista, que chama a empoderar as mulleres e enfrontar con determinación “a violencia machista que insulta, golpea, viola e mesmo mata ás mulleres polo simple feito de selo”, pero tamén a non “baixar a garda” ante o machismo.

“Nin un paso atrás ante o discurso negacionista da extrema dereita e cun PP desnortado facendo campañas institucionais nas que se culpabiliza ás mulleres da violencia machista en lugar de poñer o foco nos agresores”. “E ademais faino nunha campaña institucional, pagada con cartos públicos”, recalcou.

“É intolerable unha campaña do PP na que se nos di ás mulleres que somos irresponsables e que somos nós as que nos poñemos en risco de sufrir unha agresión ou unha violación se imos soas de noite pola rúa, se non vixiamos o que tomamos nunha discoteca ou se imos correr de noite en mallas”, recriminou para reclamar a continuación á Xunta que admita o erro, rectifique e retire unha campaña que segue nas Redes e segue difundíndose.

Rivadulla recordou as propostas “claras e realistas” do BNG que, segundo subliñou, “só necesitan de vontade política” para ser postas en marcha e que pasan, en primeiro lugar, por ter máis presuposto, destinando o 1% do orzamento a este fin, o que permitirá contar con 120 millóns de euros, unha cifra que multiplica por seis a do Goberno do PP.

En segundo lugar, incrementar as axudas económicas ás vítimas da violencia machista, cando menos o IPC para evitar que perdan poder adquisitivo nesta crise. Crear xulgados específicos contra a violencia machista ou incrementar os medios dos Centros de Información ás Mulleres son outras das propostas que fan os nacionalistas.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...