Este xoves 24 de novembro o alumnado do obradoiro de cociña Tahume VIII (tanto de cociña como de confección de redes) efectuará unha visita a Lonxa de Ribeira para familiarizarse co funcionamento dun dos principais motores económicos da localidade, que reviste un gran interese para os membros da escola taller de ambas especialidades.
A visita á rula da cidade por parte dos integrantes do obradoiro terá lugar en horario de 12 a 15.30 horas.
Hai que recordar que Tahume VIII principiou no pasado outubro e que a especialidade ‘Operacións básicas de cociña e pastelería’ está sendo cursada por 12 alumnos e a de ‘Confección e montaxe de artes
e aparellos’, por oito. Ambos cursos constan dunha fase inicial que se imparte no edificio do Mercado Municipal de Ribeira e dunha segunda fase na que os alumnos de artes e aparellos trasladáronse ó Viveiro de Empresas de Porto do Son.
A duración deste obradoiro dual é de un ano.
