Mercar no comercio da Pobra terá recompensa coa 3º campaña Raña e gaña, que ten o apoio de CONGALSA e JEALSA

30 Novembro 2022

O Concello da Pobra do Caramiñal, o DEAN.shop eCommerce e a Asociación de Empresarios alíanse un ano máis arredor da campaña de dinamización comercial Raña e gaña, que chega á súa terceira edición. Faino ademais cunha máis que destacada colaboración do tecido empresarial, nomeadamente de CONGALSA, JEALSA, Grupo Roig e Conservas Ramón Franco. A campaña, segundo explicaron os seus impulsores na presentación, busca “vigorizar a actividade económica do municipio na época do Nadal” e “xerar ilusión co repartimento de máis de 60.000 rascas que agochan un total de 664 agasallos directos por un importe aproximado de 15.000 euros.”

En palabras da concelleira da Promoción Económica, Charo Varela (Nós Pobra), trátase dunha campaña “moi ilusionante” tanto “pola rede que se crea entre os comercios” coma “pola cantidade de presentes para repartir nestas datas sinaladas”; entre eles, a viaxe familiar a Eurodisney que proporciona CONGALSA, representada no acto pola directora de relacións externas, Isabel Cañas, quen avogou por mercar nas tendas da Pobra. É unha iniciativa que tamén destaca pola súa dimensión social porque “somos unha comunidade de persoas que axudamos persoas”, tal e como fixo fincapé a directora de Relacións Institucionais de JEALSA, Margarita Hermo.

As técnicas municipais, Sara Sánchez e Ángeles Tubío explicaron que a campaña segue a dinámica de anteriores convocatorias: “Os rascas distribuiranse en 55 establecementos comerciais e de servizos da localidade, que contarán cun distintivo, entre o día 3 de decembro e o 5 de xaneiro, ambos incluídos”. Participarán, ademais, negocios de distinta natureza que “son o reflexo da listaxe heteroxénea de obsequios”, sinalaron, engadindo que por cada dez euros de compra entregarase unha tarxeta que pode presentar a lenda Grazas por apoiar o comercio local ou resultar premiada e especificar o agasallo e a tenda onde se debe recoller. No caso concreto das contribucións das empresas colaboradoras, será preciso achegarse ata a Oficina do Turismo -situada na Casa Mariñeira-, onde o persoal municipal encargarase da xestión ao permaneceren os artigos alí expostos. A atención ao público é de luns a venres, en horario de 10.00 a 14.00 horas. O prazo para recoller os premios será ata 28 de febreiro de 2023.

Outros artigos

O Pazo da Mercé, na Listaxe Vermella do Patrimonio de Hispania Nostra

A Lista Vermella do Patrimonio que mantén actualizada online a asociación Hispania Nostra denunciando o estado de abandono dos tesouros da xeografía española, vén de engadir un novo inmóbel do Barbanza aos seus rexistros, que sumar á Casa da Cadea (A Pobra) e a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desenvolvemento social” – José Manuel Pena

“Desenvolvemento social” – José Manuel Pena

Hai décadas en que se celebrou o Cumio Mundial de Copenhague sobre o DESENVOLVEMENTO SOCIAL, definíndose que para ser tal “ten que ter ao ser humano como obxectivo principal" e "que para que isto sexa unha realidade é conveniente a participación activa dos individuos...

“A UE cara o primeiro Pacto Europeo dos Océanos”. Antón Luaces

“A UE cara o primeiro Pacto Europeo dos Océanos”. Antón Luaces

O chipriota Costas Kadis, de 57 anos, será -se así o decide o Colexio de Comisarios- o próximo Comisario de Pesca e Océanos da Comisión Europea- A proposta de nomeamento parte da presidenta deste organismo da UE, Ursula von der Leyen, quen confía en que o político...