“Máis e mellores, pero ninguén asegura unha resposta axeitada” – Antón Luaces

24 Novembro 2022

Recoñecendo que o risco cero non existe en ningures, a conselleira do Mar, Rosa Quintana, coida ca evolución nos últimos 20 anos -dende a catástrofe do Prestige– do sistema de resposta e activación ante un eventual episodio de contaminación mariña accidental tería un tratamento distinto debido a que a Comunidade “está moito máis preparada”. Para Quintana “un episodio da magnitude do Prestige sería moi difícil de xestionar para calquera país e Goberno do mundo”, e puxo en valor que España conta na actualidade cun Sistema Nacional de Respostas que permite mellorar a coordinación ante emerxencias deste tipo e que, dentro dese sistema, a Comunidade dispón do Plan Territorial de Continxencias por Contaminación Mariña Accidental (Plan Camgal) creado no ano 2012 para loitar de xeito máis eficaz, operativo e eficiente ante incidencias destas características.

A conselleira lembrou tamén a incorporación nos últimos anos de importantes medios e equipamentos como os buques Irmáns García Nodal e Sebastián de Ocampo -dotados de EPI de protección nuclear, radiolóxica, biolóxica e química (NRBQ), así como o Ría de Vigo, designado para o Noroeste da Península Ibérica pola Axencia Europea de Seguridade Marítima (RMSA), con sede en Vigo, e no que a Xunta contribúe a manter a súa operatividade.

A máis Galicia dispón de tres bases do Servizo de Gardacostas da Comunidade Autónoma e as súas patrulleiras contan con material de loita contra a contaminación ao tempo que dispón de cinco naves de almacenamento de distintos equipamentos: tres de Gardacostas en Cambados, Sada e Viveiro, e dúas de Portos de Galicia en Cambados e A Pobra do Caramiñal.

Estando, ao parecer, satisfeita do material do que se dispón actualmente, mellor que non se repita un episodio do calibre dos tres vividos directamente en Galicia: Urquiola, Mar Exeo e Prestige. Porque se a propia Rosa Quintana recoñece que unha experiencia semellante á do Prestige “sería moi difícil de xestionar” en calquera país e Goberno do mundo, non quero un conto de se repetir no litoral galego.

Particularmente estou convencido de que sería pouco doado que tal mala experiencia se repetira dadas as condicións de seguridade das que están dotados hoxendía os buques que transportan esas cargas perigosas e que pasan fronte ás costas galegas en non menos de 35.000 cada ano. Todos ou case que todos eses buques están dotados de casco de dobre forro, o que na práctica dan unha maior seguridade á navegación e, ao tempo, en caso de colidir con algún obxecto ao garete ou embarrancamento. Porque de non ser así, todo ese material do que a conselleira Quintana se gabou no Parlamento de Galicia, de ben pouco ía valer dado que Salvamento Marítimo reduciu (descoidou?) o deu dispositivo marítimo nas costas galegas e o anunciado helicóptero de Salvamento con base en Fisterra nunca chegou a ser realidade malia ter adquirido xa os terreos para a mesma.

Polo tanto, menos seguridade verbal e máis axeitar os elementos humanos e técnicos por se nalgún momento son necesarios para algo máis que exercicios de posta a punto.

Outros artigos

“Na memoria da veciñanza”. Luís Celeiro

Ela pensaba que morría aquela mesma noite. Despídese das amizades, dos poucosfamiliares que lle quedaban, vai ao refuxio dos animais abandonados e dálle un bico a cadaun dos cadelos e a algunha das cadelas que moraban naquel espazo cheirento, naquel lugarque fedía e...

+

“Parar e reflexionar. Continuar ou renunciar?” – Antón Luaces

Nunca vivimos na España democrática posterior ao franquismo unha situación semellante: un presidente do Goberno, elixido pola maioría -exígua, pero maioría- do Congreso dos Deputados formula o que, para min, non é outra cousa que o plebiscito ou refrendo público para...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La derecha no muerde”. José Castro López

“La derecha no muerde”. José Castro López

Hace un año, el presidente Sánchez cumplimentó a Giorgia Meloni, jefa del Gobiernode Italia, en visita protocolaria. Ambos intercambiaron palabras amables y elogiosmutuos -diplomacia de libro-, hablaron de problemas comunes, como la inmigración -curiosamente ahora...