“As mentiras do relato da transición democrática”. Xosé González Martínez

24 Abril 2024

Xosé González Martínez*

Oscar Alzaga ,que foi deputado da UCD, é autor dun libro titulado “La conquista de la
transición, 1960-1978)”, no que narra curiosas vicisitudes política daqueles anos tan
convulsos. Foi un período histórico nos que os desmáns protagonizados pola Brigada
Política-Social encargada de reprimir á oposición provocaron centos de mortos a mans
das forzas represivas e organizacións parapoliciais.
Ao respecto hai algunha bibliografía merecente de ser consultada. Por exemplo, o libro de
Pablo Alcántara “La secreta de Franco”, no que se relatan migalleiramente os método
empregadas cos detidos para tirarlles confesión con aberrantes torturas. Antonio Batista
noutra obra, “La Brigada Social”, abunda nos mesmos relatos, centrándose na figura dun
daqueles asañudos torturadores, Antonio Juan Creix. Na miña biblioteca hai dúas
autobiografías que non tiveron apenas divulgación, porque son autoedicións de dous
cualificadores represores: “José Ramón Piñeiro.Comisario General Brigada Político
Social”, e “Testimonios de un policía español”, de José Sainz Gonzalez. A lectura dos
seus desvergonzados relatos producen arrepíos.
Os que militamos na oposición tivemos a desgraza de padecer os procedementos
utilizados polos policias da chamada “Brigada Político-Social”. Sicópatas os máis deles,
que realizaban os seus sádicos labores case sempre baixo os efectos do moito alcol que
consumían durante os longos interrogatorios aos detidos.
Oscar Alzaga di no seu libro que o ministro Martín Villar deu a orde de queimar millóns de
documentos policiais sobre a sistemática represión da oposición democrática. A
desaparición deses atestados e informes policiais serían de moita utilidade para coñecer a
violencia desatada con tal impugnidade, afirmando que “ somos o único país de Europa
onde se cometeu tal barbaridade. Os informes da policía política da Alemania Nacional
Socialista, da Italia fascista, do Portugal salazarista ou da Grecia con ditadura
militar…conserváronse”.
Eu teño fundadas conviccións de que moitos deses expedientes policiais non foron
queimados; foron substraidos das comisarías e cuarteis da Garda Civil por moitos
daqueles nefastos axentes da represión, que quixeron gardalos para utilizalos segundo os
intereses de cada momento. Moitos deses documentos servíronlles ás bandas
parapoliciais para elaborar relacións amplísimas de persoas ás que deter e fusilar caso
de ter triunfado o golpe militar do 23-F, enre os que figuraba eu.
O meu caso, coma outros, serve de exemplo. Gerardo González Martín,á sazón
correspondente de El Pais, publicaba neste medio unha peza correspondente á edición do
20 de outubro de 1977 na que dicía: “Un vecino de vigo, Xosé González, denunciou nun
xulgado de Guardia de Vigo a dous policías por abuso de autoridade, ao teren rebasado o
límite da fronteiras con Portugal, procedendo a súa detención por pesar sobre el unha
orde de busca e captura ditada en agosto de 1975”, cando esta deixara de ter efecto por
mor da lei de amnistia de 1976.

Un día recibín a visita dun vello amigo, a quen lle perdera a pista habia anos, e do que
ignoraba que fose garda civil, integrado ademais no Sindicato Clandestino de dito corpo
policial. Púxome ao tanto de que o capitán do Servizo de Información da Comandancia da
Garda Civil de Pontevedra, dirixía un grupo de picoletos dedicados a fustigarme. Axiña me
decatei de que os que me chamaban por teléfono a calquera hora da madrugada para
ameazarme con matarme eran eles,os mesmos que tamén forzaron as porta do meu
automóbil en dúas ocasións deixando ciscando no chan a documentación do mesmo. Coa
mesma teimosía actuaban algúns membros da Brigada Político-Social da Comisaría de
Vigo, os mesmos que en agosto de 1975 estando detido naquelas dependencias
leváronme á praia de Alcabre para faceren un amago de “paseo” empuñando as súas
pistolas, xa que coas súas torturas non me quitaran ningunha información
A primeira semana de maio de 1984 fun detido co mesmo argumento da orde de busca e
captura nun céntrico hotel de Barcelona, cidade á que acudín para pronunciar unha
conferencia na Escola de Administració Pública de Catalunya. A intervención de Virginio
Fuentes, Gobernador Civil de Pontevedra, fora decisiva para a miña liberación. Días
depois déulle orde ao comisario-xefe de policía, Jorge Mosquera, para darme explicacións
do acontecido, que non foron do meu agrado. O exalcalde de Redondela de entón estivo
presente na reunión e el,que está vivo, pode dicir como interroguei a aquel torturador.
O relato histórico da chamada transición política foi edulcodorado presentándoo como
modélico. Non é certo, porque houbo moitos asasinatos a mans das forza de seguridade e
grupos parapoliciais. Un bo amigo de meu,comisario de policía,da década dos anos
noventa, demócrata e galeguista, estivo nun tris de morrer por un paquete-bomba que lle
enviaran os policías corruptos da comisaria; a desconfianza salvoulle a vida.

  • Presidente do Foro E. Peinador.

Outros artigos

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

“España”. Alberto Barciela

España se hace grande con lo aparentemente sencillo. Entonces deja de ser una Europa periférica que arrambla con esa idea de que el continente termina en los Pirineos, para reivindicarse como la tierra conquistadora, que acobijó a todas las culturas, que se embebió de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.