Este xoves o Pazo de Goiáns acolle un encontro co escritor Antón Riveiro Coello

15 Novembro 2022

O escritor limiao afincando dende hai anos en terras boirenses Antón Riveiro Coello vai reunirse cos seus lectores este xoves 17 de novembro no Pazo de Goiáns. Será ao abeiro dunha nova actividade do Club de Lectura que impulsa a Biblioteca Municipal de Boiro para fortalecer a presenza da literatura a todos os niveis. A cita comezará ás 17.45 horas cunha visita polo pazo (acabado de remodelar e hoxe convertido nun dos grandes centros neurálxicos da cultura do Barbanza) e xirará arredor da novela O paraíso dos inocentes. Ás 18.15 está previsto que comece o encontro co autor en si mesmo.

O paraíso dos inocentes

Esta novela de Riveiro Coello moi merecedora en 2019 do Premio Torrente Ballester. Sitúanos en marzo de 2016, en plena guerra de Siria, coa cidade de Alepo dividida en dúas partes enfrontadas. No lado rebelde, a activista Amira loita por informar o mundo desde dentro da guerra e visita un orfo rescatado baixo os cascallos; no lado do réxime, Isam, un químico que traballa nunha fábrica de xabón, teme a notificación do Goberno para engrosar as filas do exército. Ao mesmo tempo en Bruxelas, días antes do atentado terrorista de Zaventem, Alicia topa indicios desacougantes que a fan temer pola vida da súa parella.
Tecida a partir destas historias, O paraíso dos inocentes é unha viaxe á cerna da destrución provocada polo conflito sirio e á traxedia dos refuxiados, ao tempo que un canto emocionado á solidariedade, á esperanza e á liberdade.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...