“E de repente sabes que pasaron 20 anos, e todo foi mentira”( e VI). Antón Luaces

13 Novembro 2022

Sí, un resumo doado: case que 3.000 quilómetros de costa, dende o norte de Portugal ata o sur de Francia, nos que o fuel pesado que o “Prestige” transportaba dende Rusia cara a Gibraltar pero sen un destino definido; medio millón de metros cadrados de superficie rochosa perdida causa do fuel;  1.137 praias cheas dunha especie de betún mouro, pringoso; centos de milleiros de animais mariños mortos a causa do chapapote; entre 105.000 e 230.000 aves mariñas -moitas delas mortas- afectadas tamén pola carga do petroleiro de Bahamas, dan nome propio ao acontecido no mar de Galicia fai hoxe, domingo, 13 de novembro de 2022, vinte anos, o que non ten outro titular que o de “A catástrofe medioambiental máis importante rexistrada nas costas españolas”.

Todo foi consecuencia, é ben sabido, da aparición fronte á costa galega do petroleiro monocasco “Prestige”, que saíra de San Petersburgo con destino a Gibraltar, após facer escala en Ventspils. No Corredor de Fisterra ou Dispositivo de Separación de Tráfico Marítimo de Fisterra, o buque navegou sen problemas iniciais pola canle de baixada. A bordo, 77.000 toneladas de fuel pesado, das que algunhas deben quedar aínda no pecio a 250 quilómetro das costas de Galicia, onde afundiu o buque após partir en  dous.

Foi, ata o de agora, o terceiro accidente marítimo máis custoso da historia: a limpeza do verquido e selado do buque tiveron un custo de 12.000 millóns de dólares.

Era o “Prestige” un buque destinado ao despezamento, motivo polo que non pasara -previamente ao seu afundimento-  as revisións pertinentes (declaracións de Georgios Alevizos, director técnico da armadora grega do petroleiro). A causa do escoramento do “Prestige” observado cando apareceu a 28 millas de Muxía, poido ser o probable desprendemento dun mamparo lonxitudinal do tanque de lastre de estribor, o que levaría a Apostolos Mangouras, capitán do buque, a confundir o ruido xerado nese intre coa colisión do barco contra un tronco ao garete, ou que colidira co buque un contedor, ou mesmo que unha grande onda abatera contra o costado de babor do buque-tanque.

Un grupo de xornalistas fomos convidados pola Dirección Xeral da Mariña Mercante a visualizar o estado do buque e dos verquidos  cando estes marcaban xa un moi definido  e amplo regueiro  de fuel no mar que as autoridades negaban sistemáticamente .

Os xornalistas, xunto co director xeral da Mariña Mercante e outras autoridades, embarcamos no aeroporto de Alvedro no helicóptero de Salvamento Marítimo “Helimer Galicia”. A aproximadamente 15 ou 20 metros de altura sobre a pista de voo, unha avaría fixo que a aeronave aterrara máis ou menos bruscamente, co que todos cantos estabamos a bordo baixaramos e pasaramos a ocupar -xa cos través de sobrevivencia postos- ao helicóptero “Helimer Asturias” que foi o que nos trasladou ás proximidades do “Prestige”.

Foi evidente que se producía daquela a saída de fuel polas escotillas  de cuberta. Era o que petroleiro derramaba ao mar. Unha vía de auga afectou asimesmo a dous tanques de lastre de estribor.    

O buque viña de superar un forte temporal con vento de 63 a 74 quilómetros por hora (con refachos de 90 quilómetros á hora) e ondas de 6 a 8 metros.

Como xa se ten dito nesta serie de crónicas rememorativas, nunca barallaron as autoridades levar o buque a unha dársena como a de Corcubión  (a que estaba máis perto da posición do “Prestige” e onde menos dano podería causar un verquido). O obxectivo era alonxalo da costa. Canto máis, millor. Mangouras, sen embargo, propoñía o remolque a un porto refuxio.

Serafín Díaz Regueiro, citado nalgúns momentos coma un  heroe por se ter desprazado en helicóptero dende Alvedro á vertical do buque accidentado e baixado a este malia o estado da cuberta, tentou impoñer o seu mando como inspector da capitanía marítima da Coruña, o que o capitán Mangouras no admitiu porque “el era o capitán do buque” e só el tiña o mando deste. O “Prestige”, por certo,  non  acendou os seus propulsores..

Na Coruña, o gabinete de crise foi creado na delegación do Goberno en Galicia, e coordinado (¿?) polo responsable deste departamento, Arsenio Fernández de Mesa.

Pasaron xa vinte anos e quedan moitas incertezas por clarexar que, seguramente, alguén garda no cartafol da súa memoria “selectiva”.

Outros artigos

“Estratexias kafkianas” – José Manuel Pena

Despois de tantos anos de período democrático e de liberdades en España, queda de manifesto que o espírito da transición durou o xusto e necesario para que se producise unha amnistía xeral de todos os crimes cometidos durante as catro décadas da ditadura militar...

+

“Na memoria da veciñanza”. Luís Celeiro

Ela pensaba que morría aquela mesma noite. Despídese das amizades, dos poucosfamiliares que lle quedaban, vai ao refuxio dos animais abandonados e dálle un bico a cadaun dos cadelos e a algunha das cadelas que moraban naquel espazo cheirento, naquel lugarque fedía e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Parar e reflexionar. Continuar ou renunciar?” – Antón Luaces

“Parar e reflexionar. Continuar ou renunciar?” – Antón Luaces

Nunca vivimos na España democrática posterior ao franquismo unha situación semellante: un presidente do Goberno, elixido pola maioría -exígua, pero maioría- do Congreso dos Deputados formula o que, para min, non é outra cousa que o plebiscito ou refrendo público para...

“La derecha no muerde”. José Castro López

“La derecha no muerde”. José Castro López

Hace un año, el presidente Sánchez cumplimentó a Giorgia Meloni, jefa del Gobiernode Italia, en visita protocolaria. Ambos intercambiaron palabras amables y elogiosmutuos -diplomacia de libro-, hablaron de problemas comunes, como la inmigración -curiosamente ahora...