Avanza a construción da nova multipista deportiva do Colexio Felipe de Castro

25 Novembro 2022

O Concello de Noia ten novidades acerca da súa aposta polo deporte local e por mellorar as instalacións deportivas do municipio. En concreto, fontes do Consistorio informaron que a vila contará nas vindeiras datas cunha nova multipista no Colexio Felipe de Castro: Ttrátase dunha futura instalación que poderá ser empregada tanto polo alumnado do centro, dentro do horario lectivo, coma polo resto da veciñanza fóra do horario lectivo”, sinalou o Concello.

A multipista estará habilitada para practicar diferentes modalidades deportivas tales coma fútbol sala, baloncesto, tenis, bádminton ou pádel, entre outras.

A actuación, que conta cun investimento de 100.000 euros do que a Xunta aporta o 75% e o Concello o 25% restante, está enmarcada dentro do novo Plan da nova Arquitectura Pedagóxica de Galicia.

O alcalde de Noia, Santiago Freire, subliñou o compromiso do Goberno local “para potenciar e mellorar as infraestruturas deportivas da vila” e habilitando tamén “unha nova zona segura e moderna para practicar deporte e fomentar hábitos saudábeis”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...