Activada o martes alerta laranxa por temporal costeiro na provincia da Coruña

14 Novembro 2022

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia Segunda da Xunta vén de activar alerta laranxa por temporal costeiro na provincia da Coruña.

Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), o fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa no noroeste e oeste do litoral da Coruña que comezará ás últimas horas da xornada do luns. Agárdase vento do suroeste que poderá superar forza 8 e mar combinada do sur ou suroeste rolando a noroeste con ondas de ata 6 metros. No suroeste da Coruña e nas Rías Baixas a alerta na costa será de nivel amarelo por ventos de forza 7 e ondas de ata 5 metros.

Ademais, haberá alerta amarela por precipitacións acumuladas desde esta medianoite e ao longo de toda a xornada de mañá no suroeste da Coruña e nas zonas das Rías Baixas e o Miño na provincia de Pontevedra. Canto ao vento, o nivel de aviso será amarelo por rachas de ata 80 quilómetros por hora en toda a provincia da Coruña, na Mariña lucense e no interior de Pontevedra.

A Xunta lembra a importancia de manterse afastado da liña de costa, isto é, diques, rompentes, paseos marítimos. Tamén se recomenda que se extremen as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e que se revisen os cabos e amarres das embarcacións.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“E veu. Daqueles pos, estas lamas” – Antón Luaces

“E veu. Daqueles pos, estas lamas” – Antón Luaces

O Sur de Europa, todo está no Sur: España foi a primeira, Francia a segunda e Italia a terceira. E todo parte dunhas protestas cidadáns que se xustifican nos baixos salarios laborais, nos altos/altísimos prezos do alugueiros das vivendas e a inseguridade ou...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.