Aberto o prazo para participar no programa ‘Xuntos polo Nadal’, que ofrece estadías 100% gratuítas a persoas maiores durante estas datas

13 Novembro 2022

Contará con 540 prazas distribuídas en dúas quendas do 23 ao 30 de decembro e do 31 o 7 de xaneiro nas Residencias de Tempo Libre de Panxón e do Carballiño.
Ademais de asumir os custes de manutención en pensión completa e de transporte, ofrecerase un amplo programa de actividades con excursións e obradoiros.
O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 28 de novembro e as persoas beneficiarias deberán ter máis de 60 anos e estar empadroadas nun concello galego.

Esta iniciativa autonómica ofrece o aloxamento en réxime de pensión completa dende o día 23 de decembro ata o día 7 de xaneiro distribuídos en dúas quendas de 8 días cada unha: do 23 ao 30 de decembro, e do 31 de decembro ao 7 de xaneiro do 2022.

A convocatoria de 2022 conta con 540 prazas en repartidas entre as dúas residencias de tempo libre coas que conta a Consellería de Política Social e Xuventude

  1. A residencia de Panxón, situada no concello de Nigrán, na provincia de Pontevedra, con 260 prazas en dúas quendas
  2. E residencia do Carballiño, situada na provincia de Ourense, con 280 prazas divididas entre dúas quendas

O programa de actividades é variado e está adaptado aos gustos e aos recursos tanto patrimoniais como culturais da zona. Inclúe propostas como actuacións musicais, sesións de cine, bailes, obradoiros, campionatos de cartas, excursións, sesións de risoterapia e de ximnasia entre outras moitas.

As persoas beneficiarias deben cumprir os seguintes requisitos: ter 60 anos cumpridos no momento en que remate o prazo de presentación de solicitudes, estar empadroado nalgún concello galego, vivir só no seu domicilio e ter que pasar só/a as datas do Nadal, valerse por si mesmo e non padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio, nin trastornos mentais ou condutuais non compensados que poidan alterar a convivencia durante o transcurso da estadía.

O programa inclúe os seguintes servizos:

  1. Estancia na residencia durante 8 días (7 noites).
  2. Aloxamento en habitacións compartidas e manutención en réxime de pensión completa.
  3. Desprazamento en autobús desde os lugares que se establezan nas localidades que corresponda (Santiago, A Coruña, Ferrol, Pontevedra, Vigo, Lugo ou Ourense) ata a residencia de tempo libre que se lle adxudique e viceversa.
  4. Actividades de animación sociocultural.

O prazo de presentación de solicitudes remata o dia 28 de novembro de 2022. A solicitude deberá ir acompañada da declaración responsable e do informe social.

Outros artigos

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.