Activada alerta laranxa para o luns por temporal costeiro en todo o litoral galego

20 Novembro 2022

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia Segunda da Xunta vén de activar para o luns unha alerta laranxa por temporal costeiro en todo o litoral galego.

Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), o fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa comezará a partir das 03,00 horas deste luns en Lugo e no noroeste da Coruña, con vento do suroeste de forza 8, ao norte de Prior, e mar combinada do noroeste con ondas de ata 7 metros.

No oeste da Coruña, o fenómeno meteorolóxico adverso comezará ás 10,00 horas con mar combinada do noroeste e ondas de ata 7 metros. No suroeste da Coruña e na provincia de Pontevedra o comezo será as 13,00 horas e haberá mar combinada do noroeste con ondas de ata 6 metros.

A Xunta lembra a importancia de manterse afastado da liña de costa, isto é, diques, rompentes, paseos marítimos. Tamén se recomenda que se extremen as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e que se revisen os cabos e amarres das embarcacións.

Acónsellase consultar a páxina web do CIAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con ligazóns de interese.

Outros artigos

O mércores 14 empeza con choivas con mellora progresiva pola tarde

O mércores 14 presentarase inestable nas Rías Baixas e na comarca de Santiago, nunha xornada marcada pola situación intermedia de Galicia entre as altas e as baixas presións. Durante as primeiras horas do día agárdanse ceos moi nubrados, con chuvascos intermitentes...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Lalín e Álvaro Cunqueiro, saber e sabor”. Alberto Barciela

“Lalín e Álvaro Cunqueiro, saber e sabor”. Alberto Barciela

Lalín ten o premio de Gastronomía máis prestixioso de España, que leva o nome de Álvaro Cunqueiro (1911-1981), escritor, xornalista e gastrónomo mindoniense. O realismo dunha terra de paisaxes que semellan un tapiz multicolor, onde a xeografía se admira sobre un lenzo...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.