A II Andaina Solidaria ASANOG celébrase este sábado en Rianxo cunha participación de arredor de 750 persoas

04 Novembro 2022

Este xoves 3 de novembro celebrouse en Rianxo a presentación da II Andaina Solidaria ASANOG (Asociación de Axuda a Nenos Oncolóxicos de Galicia), coa organización de ASANOG e a colaboración do Concello de Rianxo. A presentación estivo presidida por Adolfo Muíños, alcalde de Rianxo, Xusto Ordóñez, concelleiro de Deportes, Adrián Mosquera, atleta paraolímpico rianxeiro e padriño da proba e Sara Muñiz, representante de ASANOG.

Adolfo Muíños destacou a importancia deste tipo de eventos e resaltou “a gran aceptación que esta andaina volve ter en Rianxo”, dando as grazas á veciñanza e ao tecido empresarial que apoia a proba.

Pola súa banda, Xusto Ordóñez e Sara Muñiz falaron dos aspectos técnicos. Segundo explicaron, a andaina vén con dous percorridos a facer,, cunhas distancias de 4 quilómetros e 11 quilómetros, respectivamente. Tamén fixeron saber que debido a alta participación, e “dado que foron cubertas todas as prazas”, pechouse a inscrición este xoves 3 de novembro pola tarde. As previsións apuntan a que se recadará mais de 10.000 €. e que a participación chegará ás 750 persoas.

A andaina, que se celebra este sábado 5 de novembro, comezará as 10:30 horas desde a praza Castelao e contará con música a cargo de DJ locais.

Outros artigos

Comeza a conta atrás para a décima edición de Os 100 do Barbanza

O percorrido da presente edición Esta fin de semana, o sábado 21 e o domingo 22 de xuño celebrarase a nova edición (a décima) da xa histórica proba Os 100 do Barbanza, a andaina-ultratrail de 100 quilómetros que percorre os sete concellos da península do Barbanza. A...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Más democracia frente a la corrupción”. Alberto Barciela

“Más democracia frente a la corrupción”. Alberto Barciela

En los enredos políticos cabe valorar indicios superlativos de egolatrías, ambiciones, avaricias y desentendimientos. Los coches oficiales suelen llevar cristales tintados y eso impide ver los bosques, descender a la realidad de lo cotidiano, entender lo que preocupa...

“De frutas a portas, pasando por Madrid”. Antón Luaces

“De frutas a portas, pasando por Madrid”. Antón Luaces

En tempos, Madrid foi -amáis de capital de España- a cidade das chulapas e chulapóns, a cidade con máis mariños do territorio español, de osos e madroños e a capital do schotis que había que visitar polo menos unha vez na vida. Na actualidade, Madrid é tamén un...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.