A Asociación Boirense de Empresarios lanza o seu propio catálogo de premios

28 Novembro 2022

A ABE está de estrea, contretamentte dun sistema para manter clientes e captar outros novos: un sistema de fidelización propio polo que os clientes dos establecementos asociados poderán acumular puntos coas compras realizadas e cambialos por agasallos. A patronal boirense explica que se trata dun sistema “moi sinxelo”, onde os usuarios, despois de realizar unha compra en calquera socio da ABE (comercio, hostalería, servizos…), terán a posibilidade de rexistrar os tíckets na web www.abe.gal.

Con ese rexistro os usuarios poderán acumular puntos que despois poden trocar por agasallos do catálogo de premios. Con cada tícket rexistrado, as persoas que aposten polos comercios de proximidade de Boiro acadarán o 10% en puntos, que se irán acumulando en cadansúas contas. Cando estas chegan aos puntos necesarios para conseguir un obsequio so ten que contactar coa ABE para recollelo. “Este sistema trata de recompensar aos clientes por mercar en Boiro e de fidelizalos a través da consecución de premios neste caso a través dos Puntos ABE”, explican dende a asociación, engadindo que este novo proxecto porase en marcha co inicio da campaña do Nadal que arranca este venres 2 de decembro.

Tanto o rexistro dos tíckets como a consulta do catálogo de puntos faise dende a web da ABE (www.abe.gal) e funciona igual có rexistro para as campañas que a patronal de boiro vén facendo nos últimos anos.

Con este proxecto a ABE completa a oferta en fidelización para os clientes dos seus negocios asociados iniciado coa tarxeta agasallo (Bonos ABE) do que o ano pasado vendéronse mais de 8.000 € que repercutiron positivamente nos propios negocios.

Cousas que debemos ter en conta

• O cliente pode rexistrar calquera tícket/factura de calquera socio da ABE.

• Cada vez que o cliente sube un tícket recibe un email co seu saldo de puntos.

• O catalogo pódese consultar sempre en www.abe.gal.

• Para trocar os puntos só temos que contactar coa ABE co formulario que está no propio catálogo.

Outros artigos

A ABE colabora coa campaña de Nadal de AGADEA Alzhéimer en Boiro

Na mañá deste venres 1 de decembro, usuarios e técnicos da Asociación Galega de Axuda aos Enfermos de Alzhéimer (AGADEA) achegáronse as oficinas da ABE (Asociación Boirense de Empresarios) para entregar 50 bólas decorativas elaboradas a man polas persoas participantes...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O falar das pedras”. Luís Celeiro

“O falar das pedras”. Luís Celeiro

O falar das pedras é moito falar. Din o que saben, o que pasaron e o que será. As pedras gardan as mensaxes do tempo, as raias dos anos, dos miles e millóns de anos e cóntannolo aos que as escoitamos, aos que as miran e as queren. Millóns de anos escribindo e deixando...