“Virar o aparello para que a UE exima de responsabilidades á CE” – Antón Luaces

03 Outubro 2022

A Comisión Europea e o eurocomisario Sinkevicius non poden xogar á mariola cos dereitos recoñecidos dos pescadores comunitarios que, de non mediar algún santo milagreiro, van ter que colgar o sueste no primeiro l lugar que consideren axeitado porque a roupa de augas que ata o de agora utilizan en augas da UE non vai retornar a elas. Xa se encargará de impedilo o regulamento aprobado polo Consello de Ministros de Pesca diante do que o español Luis Planas non soubo ou non puido facer valer eses dereitos que a propia CEE (agora UE) outorgou a España cando esta se converteu, no ano 1986, en Estado membro dese club de opositores  no que a pesca nunca admitiu á frota española en igualdade de dereitos cos demais socios. Nunca as posibilidades ou opcións de pesca da “frota dos 300”  -maioritariamente galegos- foron iguais as dos predecesores dos españois na CEE ou Unión Europea. Multas ou prohibición marcaron os primeiros 30 anos de estadía dos pesqueiros de España nas augas comunitarias que compartían cos barcos franceses, portugueses, británicos e irlandeses nos caladoiros do Gran Sol, os máis importantes para los buques de pavillón español.

Todos sabemos dese ollar “revirado” que, dende a cuberta dos “outros” pesqueiros comunitarios, se dirixían aos “do sur”, especialmente España e, significativamente, Galicia. Porque os barcos galegos, recoñecidos internacionalmente pola súa fasquía e a preparación dos seus tripulantes, nunca foron aceptados como “iguais” en dereitos e deberes. Menos mal que no órdago á grande do último Consello de Ministros de Pesca aprobando o regulamento que prohibe a pesca de fondo en máis de 16.000 quilómetros de mar non afecta exclusivamente a España. Desta vez o dano tamén  corresponde a portugueses  franceses e irlandeses. Pero, ollo: non na mesma medida que aos españois (unha outra vez máis, maioría de galegos). Deste xeito, non será España a única en se queixar (non sei se en presentar recurso diante do TXUE).

Non, a frota española non foi benvida nas negociacións para a súa entrada na hoxendía Unión Europea. E iso que tivemos unha comisaria e un comisario de Pesca (ambos os dous membros do PP) en  Bruxelas que non o fixeron de todo mal. Pero o peso da historia naval española aínda ten pouso na Europa pesqueira.

Non ten os apoios necesarios, a día de hoxe, a frota española nos cenáculos comunitarios e, así, a Armada Invencible segue a ser un referente cando de amolar a España se trata.

Por todo iso, grazas, señor Sinkevicius; grazas Europa. Ata a próxima costeira do bonito.

Outros artigos

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

El Papa León XIV, presidente de la Ciudad del Vaticano. Solo datos, no opinion Nos habla con palabras de amor, de la dignidad, del derecho de los oprimidos, de atender y dar protección a quienes buscan un futuro en Europa que en sus países no tiene. El pontífice, que...

+

“El viejo cura de aldea” – Manuel Domínguez

El viejo cura de aldea. ¿Le conocí? Don Juan era un sacerdote muy apreciado por los niños, muchos se turnaban para ser monaguillos. Ciertamente alguna tarde solía repartir algún caramelo entre los niños buenos y los no buenos eran buenos, tal vez traviesos. El maestro...

+

“Primeiro o amor, despois ciencia” – Antón Luaces

A frase corresponde a Antoni Gaudí, arquitecto catalá responsable do deseño da basílica barcelonesa da Sagrada Familia, cuxa torre de Xesús Cristo bendiciu a pasada noite o papa León XIV, en presencia dos Reis de España e a maior parte do Goberno e o da comunidade...

+

“La ley seca en Riazor”. José Castro López

Acabó la temporada futbolística y, con ella, las alegrías, las decepciones, los ascensossoñados y los descensos temidos. Pero cuando el balón deja de rodar queda tiempo parareflexionar sobre algunas cosas que ocurrieron en los estadios y que merecen unareflexión.Una...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...