A nosa web “codigocero.com” publica a diario novas do mundo tecnolóxico desde hai xa 21 anos. Mais de 20.000 usuarios/únicos seguen a diario a web de referencia de Galicia que conta amais cun boletín diario que reciben milleiros de subcritores, e todo en galego e de balde. Síguenos.
Avatel ampliará a súa cobertura en Ribeira a 1.000 novos fogares e empresas A operadora Avatel, presente dende hai un ano na comarca do Barbanza a través da súa sede na rúa de Galicia en Ribeira, proporcionará Internet de alta velocidade a 1.000 novos fogares da dita localidade e máis da parroquia de Palmeira. A compañía anunciou esta novidade ao tempo que fixo saber que ten unha cobertura (con rede de banda larga) que chega a case 6.000 vivendas e fogares no dito termo municipal. A cidade de Ribeira foi a porta de entrada da compañía na provincia da Coruña, onde a día de hoxe dá servizo a máis de 22.000 vivendas e empresas e ten abertos catro puntos de venda: Ribeira, Sada, Santa Comba e O Temple, coa que cobre Cambre e Oleiros. (leer mais) A Cátedra Telefónica da Universidade de Vigo inaugura unha nova edición de HackForGood A directora en Galicia e Asturias de Telefónica, Paula Beirán; o director da Cátedra Telefónica da Universidade de Vigo, José Cidrás, e o reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, asistiron este venres 21 de outubro á apertura dunha nova edición de HackForGood. Fixérono no Teatro Cidade Universitaria da Universidade de Vigo. Segundo dixeron, esta 8ª edición do hackathon, organizado pola Rede de Cátedras Telefónica, reunirá entre o 20 e o 22 de outubro a máis de 1.000 mozos de varias universidades de España para enfrontarse a un centenar de retos tecnolóxicos con fins sociais.[ler máis] Os televisores 8K actuais non poderán venderse en Europa a partir de marzo de 2023 Nos últimos meses as feiras tecnolóxicas amosaron a ausencia da grande oferta de televisores 8K que podían verse en anos anteriores, asegurando os propios fabricantes que iso era consecuencia da posibilidade de que moitos dos modelos que estaban en desenvolvemento puidesen non chegar a comercializarse en moitos mercados por limitacións normativa, destacando o caso europeo, onde pasaría a estar prohibida a venda dos actuais televisores 8K por mor do seu elevado consumo enerxético.[ler máis] O noso patrimonio artístico e cultural pode explorarse a través da VR no Galiverso A Cidade da Cultura de Galicia acolleu hoxe a apertura de O Galiverso empeza aquí, unha iniciativa tecnolóxica, cultural e educativa da Xunta para poñer en valor o patrimonio material e inmaterial galego a través do emprego de tecnoloxías inmersivas. [ler máis] GaliciaTIC clausura a súa 20ª edición GaliciaTIC, o foro de referencia para o sector tecnolóxico organizado por INEO, clausurou na Cidade da Cultura a súa vixésima edición reunindo a máis de 300 participantes, contando con 44 relatores e ofrecendo un completo programa con, conferencias, seminarios e mesas temáticas e showrooms que supuxeron, en dous días, máis de vinte horas de actividade. Este é o balance co que se despide GaliciaTIC que, neste ano, celebrouse baixo o lema Crecemento, dixitalización e eficiencia. [ler máis] Silent Hill 2 traerá de volta a terrorífica franquía de Konami Konami prepara o regreso da franquía Silent Hill, polo que anunciaron que están a preparar varios xogos que marcarán o retorno desta saga terrorífica que, para ir preparando o terreo contará cunha revisión de Silent Hill 2, título no que está a traballar Bloober Team coa colaboración dos creadores orixinais para manter a esencia única desta marca, que mudará en detalles como unha perspectiva. GaliciaTIC bota a andar reivindicando a limitación da dependencia tecnolóxica do exterior Julián Cerviño, director da AMTEGA, participou está mañá na mesa redonda inaugural de GaliciaTIC, o foro que organiza dende hai 20 anos a Asociación de Empresas Tecnolóxicas de Galicia (INEO). O debate, sobre Crecemento, Dixitalización e Eficiencia foi moderado polo presidente da INEO, Luis Álvarez Sestelo, e contou tamén coa participación do CEO de Imatia, Fernando Vázquez; e o director de Edisa, Carlos Suárez. [ler máis] O Logitech Crayon adáptase ao novo iPad A presentación do novo iPad básico trouxo unha desagradable sorpresa, pois de querer usar a tableta cun lapis dixitalizador hai que facerse cun Apple Pencil de primeira xeración, que custa 119 euros e que cárgase mediante un conector Lightning, de xeito que precisaría dun adaptador para cargarse directamente no iPad. Pero dende Logitech souberon reaccionar a tal situación, e renovaron o seu lapis dixitalizador máis económico, o Logitech Crayon para iPad, para mudar o seu conector de carga por USB-C, custando este accesorio 79,95 euros. Vitae recupera en novembro o seu curso de probas de aplicacións con Angular Testing Os probas son unha parte fundamental do desenvolvemento de proxectos, máis aínda nos innovadores e nos disruptivos: os que abren camiños que non existían antes e provocan revolucións (grandes ou pequenas) en materia de xestión empresarial, comunicación ou produción. As consecuencias de non establecer unha marxe ampla para o testeo e os pasos previos á validación poden ser prexudiciais para todos os elos da cadea, comezando polo polo prestixio da empresa e o equipo desenvolvedor. Axudarnos a asegurar e optimizar este capítulo fundamental do desenvolvemento (coas conseguintes vantaxes en aforro de custes, esforzos e recursos) é un dos grandes obxectivos do Curso Angular Testing, probas de aplicacións empresariais, que chega á súa terceira edición. Organiza novamente Vitae Consultores. [ler máis] O iPad básico renóvase radicalmente O iPad básico levaba anos sendo a tableta de Apple que mantiña a vella liña de deseño, pero finalmente actualizouse, e agora presenta un deseño de borde a borde cunha grande pantalla Liquid Retina de 10,9 polgadas e un procesador A14 Bionic, sendo especialmente relevante o feito de que por fin adopte como porto o USB-C, tanto para carga como para accesorios, incrementando as súas posibilidades. Tamén mellora a súa conectividade, de xeito que nas redes sen fíos domésticas é compatible con Wi-Fi 6, mentres que nas redes móbiles é compatible coa 5G. [ler máis] O DualSense Edge venderase a 239,99 euros No verán presentáronse os mandos sen fíos DualSense Edge para PlayStation 5, que serían o primeiro achegamento de Sony a uns mandos de alto rendemento e moi personalizables para consolas PlayStation, na liña dos mandos Elite de Xbox, e agora anuncian que este dispositivo estará dispoñible a nivel global o 26 de xaneiro, iniciándose as reservas o vindeiro día 25, resultando extraordinariamente sorprendente o prezo deste novo mando, que finalmente venderase a 239,99 euros, mentres que os seus módulos de joystick intercambiables estarán dispoñibles por 24,99 euros. [ler máis |