Avatel ampliará a súa cobertura en Ribeira a 1.000 novos fogares e empresas

17 Outubro 2022

A operadora Avatel, presente dende hai un ano na comarca do Barbanza a través da súa sede na rúa de Galicia en Ribeira, proporcionará Internet de alta velocidade a 1.000 novos fogares da dita localidade e máis da parroquia de Palmeira. A compañía anunciou esta novidade ao tempo que fixo saber que ten unha cobertura (con rede de banda larga) que chega a case 6.000 vivendas e fogares no dito termo municipal.

Inauguración da tenda de Avatel en Ribeira, coa presenza do alcalde Manuel Ruiz e da concelleira María Sampedro

A cidade de Ribeira foi a porta de entrada da compañía na provincia da Coruña, onde a día de hoxe dá servizo a máis de 22.000 vivendas e empresas e ten abertos catro puntos de venda: Ribeira, Sada, Santa Comba e O Temple, coa que cobre Cambre e Oleiros.

Como dixemos, a partir de novembro, a operadora de orixe galega ampliará a despregadura local no municipio a uns 1.000 fogares novos grazas á colaboración das comunidades de veciños que facilitaron a instalación de cables e equipos de distribución de fibra óptica. Por este motivo, e co gallo de celebrar o primeiro aniversario no municipio, Avatel realizará accións especiais cos veciños como a participación na promoción dun ano de fibra gratis a todas as persoas que visiten, desde o 14 de outubro ao 14 de novembro, a tenda situada no número 20 da rúa de Galicia.

A compañía ten como obxectivo conectar aos veciños do municipio “dotándoos de Internet de última xeración e incrementando a súa calidade de vida”, así como “contribuír á reactivación económica da localidade ribeirense fomentando o emprego local coa contratación de técnicos e comerciais no punto de venda”.

Ademais, ao longo deste ano, a empresa fixo un esforzo especial por converterse en “parte activa da poboación”, e nesta liña implicouse dando o seu apoio ás Festas da Dorna (recibindo a etiqueta de firma Dorneira Profesional) e colaborando como asociada na Asociación de Empresarios de Ribeira.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.