Programa Kit Dixital: Axudas destinadas á dixitalización de empresas do segmento III( entre 0 e menos de 3 empregados)

24 Outubro 2022

Esta convocatoria ten por obxecto o establecemento das bases reguladoras para a concesión de axudas mediante as que se executa o programa Kit Dixital para a dixitalización de pequenas empresas, microempresas e persoas en situación de autoemprego, que ten por obxecto a adopción de solución de dixitalización incluídas no Catálogo de Solucións de Dixitalización do
Programa, recollido na plataforma Acelera pyme (ver aquí).
A finalidade do Programa é mellorar a competitividade e o nivel de madurez dixital das empresas e das persoas en situación de autoemprego, mediante a adopción de solucións de dixitalización en: sitio web e presencia en internet, comercio electrónico, xestión de redes sociais, xestión de clientes, business intelligence e analítica, xestión de procesos, factura electrónica, servizos e ferramentas de oficina virtual, comunicacións seguras, ciberseguridade, presencia avanzada en Internet e Marketplace.

Quen pode solicitar estas axudas?
Nesta convocatoria poderán ser beneficiarias destas axudas as pequenas empresas,
microempresas e persoas en situación de autoemprego do Segmento III (entre 0 e menos de 3 empregados), cuxo domicilio fiscal estea situado en territorio español.

Non poderán ser beneficiarias:
a) As persoas físicas ou xurídicas que sexan Axentes Dixitalizadores Adheridos, nin aquelas
coas que estes contraten ou subcontraten para a prestación, en todo ou en parte, das solución de dixitalización.
b) As persoas en situación de autoemprego que teñan a consideración de autónomos
societarios nin os autónomos colaboradores.
c) As unións temporais de empresas (UTE)
d) As persoas físicas ou xurídicas que obtivesen a condición nalgunha das convocatorias do
Programa Kit Dixital.
e) As empresas de natureza pública e as entidades de dereito público.
f) Os Colexios profesionais, as sociedades civís, as comunidades de bens, as comunidades de
propietarios en réxime de propiedade horizontal ou calquera outro tipo de unidade
económica ou patrimonio separado que careza de personalidade xurídica.

AXUDAS DESTINADAS Á DIXITALIZACIÓN DE EMPRESAS DO SEGMENTO III (ENTRE 0 E MENOS DE 3 EMPREGADOS) – PROGRAMA

KIT DIGITAL

Contía das axudas
O importe máximo total de todas as axudas desta convocatoria é de cincocentos millóns de
euros (500.000.000 €).
En concreto, o importe máximo de axuda por beneficiario será de dous mil euros (2.000€). Os
importes máximos de axuda por Categoría de Solucións de Dixitalización, así como a duración
que debe manterse a prestación do servizo para o segmento III son os seguintes:

Categoría de Soluciones de
Dixitalización

Meses de prestación
del servicio

Axudas

Sitio Web e Presencia básica en
Internet 12 2.000 €
Comercio electrónico 12 2.000 €
Xestión de Redes Sociais 12 2.000 €
Xestión de Clientes 12 2.000€
(inclúe 1 usuario)
Business Intelligence e Analítica 12 1.500€
(inclúe 1 usuario)
Xestión de Procesos 12 2.000€
(inclúe 1 usuario)
Factura Electrónica 12 1.000€
(inclúe 1 usuario)

Servizos e ferramentas de Oficina
Virtual 12 250 € por usuario
(Ata 2 usuarios)
Comunicacións Seguras 12 125 € por usuario
(Ata 2 usuarios)
Ciberseguridade 12 125 € por dispositivo
(Ata 2 dispositivos)
Presencia avanzada en Internet 12 2.000 €
Marketplace 12 2.000 €

Prazo de presentación de solicitudes
Dende o 20 de outubro de 2022 ás 11:00 h ata o 20 de outubro de 2023 ás 11:00h.

Outros artigos

Martes 26, ceo anubrado con risco de chuvias febles e ocasionais

Galicia atoparase nunha situación meteorolóxica intermedia entre altas e baixas presións, o que deixará ceos con intervalos nubrados ao longo da xornada. As nubes serán máis compactas no litoral atlántico, onde se prevén chuvias de carácter feble e ocasional. As...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Una bella cierta historia de amor” – Manuel Domínguez

“Una bella cierta historia de amor” – Manuel Domínguez

Todos sabemos que la historia de Romeo y Julieta es una novela, de W Shakespeare Pero la hermosa historia de amor entre Pedro I rey de Portugal y la gallega, Inés de Castro, es realmente dolorosamente y admirablemente cierta Por temor a que los hijos de Inés,...