Persoas maiores adquiren competencias tecnolóxicas na Pobra do Caramiñal

28 Outubro 2022

O Centro Sociocomunitario e de Benestar da Pobra do Caramiñal acolle esta tempada o desenvolvemento dunhas xornadas formativas teórico-prácticas sobre o uso das novas tecnoloxías da información dirixidas ás persoas maiores de 65 anos municipio, co obxectivo de permitirlles tirar proveito desas ferramentas para o seu día a día (para comunicárense, informarse, facer trámites ou mesmo compras) ao tempo que se lles garanten navegacións seguras.

Este é un dos contidos do programa @s nos@s maiores, mellor acompañad@s que desenvolve na localidade a Fundación Amigos de Galicia coa colaboración da Concellaría dos Servizos Sociais.

A edil Amparo Cerecedo (BNG) achegouse neste 28 de outubro para recibir ás 14 persoas participantes neste curso, que terá continuidade no 4 e no 11 de novembro, para aprender sobre procesos telemáticos básicos e acadar axilidade na realización de trámites: na máquina de quenda de concellos e centros de saúde, no caixeiro automático, no teléfono móbil ou na aplicación móbil do SERGAS, entre outros.

Outros artigos

O BNG esixe “celeridade” para rematar as obras de Palmeira

A deputada do BNG no Parlamento de Galiza, Rosana Pérez, trasladou en comisión parlamentaria a preocupación existente pola paralización das obras de humanización da estrada AC-305 ao seu paso pola parroquia de Palmeira, no concello de Ribeira. Fíxoo a través dunha...

+

O taichí terapéutico chega a Vilariño e Santa Cruz

O Concello da Pobra do Caramiñal, a través da Concellaría de Participación Veciñal, pon en marcha unha nova actividade de taichí terapéutico destinada a promover hábitos saudábeis, favorecer o benestar físico e emocional e ofrecer espazos de encontro para a veciñanza....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...