“Os pósitos galegos recenden a argazo electoral”. Antón Luaces

28 Outubro 2022

Como cada catro anos, as confrarías de pescadores galegas celebran este sábado o seu primeiro día de eleccións para renovar os seus órganos reitores.

Será a terceira ocasión de convocatoria conxunta ou comicios unificados (anteriormente foron nos anos 2014 e 2018) e unha vez verificados os recontos de votos en cada pósito, procederáse á proclamación dos membros electos como vogais, vicepatrón e patrón maior de cada confraría. O seguinte paso será  a elección dos presidentes provinciais das confrarías da Coruña, Lugo e Pontevedra. E o último paso conduce á elección do presidente da Federación Galega de Confrarías de Pescadores.

Moito lles queda por diante aos elixidos e moito será o que deberán lidar neste momento duro para o sector debido á práctica inexistenza de expectativas favorables que animen a emprender accións conducentes a unha situación millor para a pesca en Galicia, España e a Unión Europea.

A priori poden ser estas elección as que leven aos pósitos máis mulleres ca nunca para formaren parte das xuntas e con moitas opcións a se facer cargo dos postos de patroa ou vicepatroa das confrarías galegas. Lonxe quedan os tempos nos que a muller nen sequera tiña dereito a votar e, menos aínda, a ser elixida. Non hai tantos anos que en confrarías galegas e doutras comunidades autónomas, tampouco se lles permitía formar parte dos pósitos como socias destes.  A vida da muller do mar como traballadora quedaba reducida ás tarefas de limpeza das embarcacións menores. A venda do peixe nos mercados e prazas era única “cousa” cousa das mulleres. O home só pescaba ou mariscaba dende unha embarcación. Noln así a muller, que tiña reservado o seu papel no sector como mariscadora a pé, redeira (atadora), conserveira e nos traballos de oreo do bacallao. Nen sequera tiñan posto de traballo nas tarefas de secado do polbo ou o congro. Todo era no mar cousa de homes.

Foi, a da muller mariñeira ou mariscadora, unha longa loita contra a incomprensión e o negativo que resultaba para o home velas a bordo. Entre elixir a unha muller ou a un crego no barco, a papeleta resultaba difícil. Sen embargo ols homes facíanse línguas sobre como a muller traballaba a bordo de buques de pesca na URSS e en países europeos. Pero España sempre foi, neste senso, diferente.

Agora, en pé de igualdade, con voz e voto, han lidar as mulleres nos pósitos para acadar posicións en desputa cos homes; pero é evidente que aínda que teñen razóns sobradas para querer acceder a aqueles postos que ata o de agora estaban reservados aos homes, non atopan facilidades para o facer. Han gañalo demostrando que ser patroa maior dun pósito non é cuestión de feminidade, senon de valía. Os homes no teñen tanto que demostrar. É dabondo contar cun grupo importante de apoios.

Hoxendía a muller ten sobradas razóns para acceder a eses postos aos que os homes non renuncian de bo grao.

Sorte, e que gañen os que o merezan.

Outros artigos

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

Dentro de unos días todos los españoles tendrán la oportunidad de cambiar de Gobierno y que éste sea mucho mejor que el anterior. El Gobierno de Pedro Sánchez ha estado rodeado de múltiples investigaciones tanto a nivel personal como el de un presidente que prometió...

+

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

O próximo día 25, despois da misa dominical, ás 11.30 horas, celebrarase na parroquia de Rairiz de Veiga, do homónimo concello ourensán da Limia, un acto promovido pola Asociación de Funcionarios-as para a Normalización Lingüística encadrado na iniciativa En galego,...

+

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

+

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

Hei confesar -e confeso- que o canto do grupo galego Tanxugueiras ten para min, que gozo coas boas voces no eido musical, un atractivo moi especial. Particularmente a canción titulada "Pasaba por aquí", interpretada en castelán, que non é propia delas senón de Luis...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.