O martes 1 de novembro celébrase a VIII Carreira Popular Concello de Rianxo

03 Outubro 2022

O Concello de Rianxo, a Mancomunidade de Municipios Barbanza Arousa e o Club Atletismo Rianxo organizan este outono a oitava edición da Carreira Popular rianxeira. Será o martes 1 de novembro de 2022.

A proba está incluída no Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e nos seguintes circuítos: por unha banda o VIII Circuíto Provincial de Carreiras Populares, promovido pola Deputación da Coruña; e pola outra o V Circuíto de Carreiras Populares Arousa Norte, promovido e organizado polos concellos que forman parte da Mancomunidade Arousa Norte: Boiro, Rianxo, A Pobra do Caramiñal e Ribeira.

Na VIII Carreira Popular Concello de Rianxo poderán participar atletas federados e non federados; haberá unha clasificación conxunta. O control da carreira estará a cargo do comité de xuíces da Federación Galega de Atletismo.

Para máis información e inscricións (até o 28 de o outubro) cómpre visitar a páxina web Emesports.es.

Respecto dos prezos, será de balde para as categorías de Xoubas a Sub16; de 6 euros nas categorías Sub18, Sub20, Sub23, Sénior, Máster1, Máster2, Máster3 e Máster4; e de 20 euros para o Circuíto de Carreiras Populares Arousa Norte (4 probas).

Categorías

Xoubas H/M 2017-2018-2019. 3 saídas, agrupadas por ano de nacemento.

Sardiñas H/M 2015-2016.

Sub 10 H/M 2013-2014.

Sub 12 H/M 2011-2012.

Sub 14 H/M 2009-2010.

Sub 16 H/M 2007-2008.

Sub 18 H/M 2005-2006.

Sub 20 H/M 2003-2004.

Sub 23 H/M 2000-2001-2002.

Sénior H/M de 1988 ata 1999.

Máster 1 H/M de 1982 ata 1987.

Máster 2 H/M de 1972 a 1981.

Máster 3 H/M de 1962 a 1971.

Máster 4 H/M de 1961 e anteriores.

Sapatilla inclusiva: categoría única absoluta para persoas con diversidade funcional.

Saída e chegada na Praza Castelao.

Establécense 4 percorridos, aos que se darán as voltas indicadas na táboa de distancias.

Percorrido amarelo: 100 m

Percorrido verde: 500 m

Percorrido azul: 750 m

Percorrido vermello: 3.333 m

A retirada dos dorsais e dos chips será na praza Castelao o mesmo día da proba a partir das 9:00 h e ata o inicio desta. Os participantes no Circuíto de Carreiras Populares Arousa Norte 2022, terán que recoller un dorsal novo de competición en cada proba, incluída esta, co cal terán que competir.

Premios

A clasificación e os premios do circuíto regúlanse no Artigo 7 do Regulamento do V Circuíto de Carreiras Populares Arousa-Norte.

Na Carreira Popular Concello de Rianxo outorgaranse as seguintes medallas: medallas para todos os participantes (ata fin de existencias) nas categorías Xoubas, Sardiñas, Sub 10, Sub 12, Sub 14 e Sub 16.

Respecto dos trofeos, haberá trofeo para os tres primeiros/as corredores/as en cruzar a liña de meta na proba absoluta, tanto en categoría feminina coma masculina. Tamén haberá trofeo aos tres primeiros clasificados de cada categoría feminina e masculina e para o club con máis participantes. O Trofeo Xosé Neira Hermida irá dar ao primeiro e primeira corredor ou corredora local.

Os tres primeiros/as corredores/as en cruzar a liña de meta na proba, tanto na categoría feminina coma na masculina, recibirán os seguintes premios: 1º: 150 €, 2º: 100 € e 3º: 50 €.

As persoas participantes nas categorías Sub 18, Sub 20, promesa Sub 23, sénior e máster recibirán un agasallo técnico.

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Volve o programa Rianxo Termal con tres novas saídas

O Concello de Rianxo, a través da Concellería de Política Social, organiza unha xeira de tres novas saídas ás Termas de Cuntis nos meses de outubro, novembro, decembro destinadas a persoas maiores de 50 anos empadroadas no noso municipio. As saídas encádranse na nova...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.