O Concello de Porto do son inviste tres millóns en saneamento

06 Outubro 2022

O Concello de Porto do Son achegou detalles sobre os seus vindeiros traballos en materia de saneamento. Segundo informaron fontes do Consistorio, investirase durante o que resta de ano preto de 3 millóns de euros neste tipo de obras, dos que preto de medio millón serán financiados polo POS+ Adicional da Deputación da Coruña. A Corporación aprobou estes traballos no pleno extraordinario fo pasado venres.

A contía adicarase na súa totalidade á ampliación da rede de saneamento. Inclúense obras en O Curro, Gansín, Agrelo, O Couto e Castrallón, todos eles núcleos das parroquias de Nebra e Noal. O saneamento destes lugares implica un investimento de 340.236,14 euros.

O plan tamén abrangue traballos na Atalaia (O Son), onde se vai habilitar depuradora compacta con filtro biolóxico, en Xuño (melloras na depuradora) e en Caamaño (posta a punto do bombeo).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.