O BNG defende na homenaxe ás mártires de Nebra “un sistema fiscal xusto” que blinde os servizos públicos

12 Outubro 2022

A viceportavoz parlamentaria do BNG, Olalla Rodil, participou este mércores nos actos de homenaxe ás mártires de Nebra, en Porto do Son, unha lembranza ás mulleres que se rebelaron contra os impostos abusivos do Concello, catro mulleres e un labrego que foron asasinadas pola Garda Civil o 12 de outubro de 1916 durante unha protesta contra as taxas.

Rodil dixo que “segue a ser necesario reivindicar xustiza social nos impostos fronte a forzas políticas que, como o Partido Popular, fai rebaixas fiscais aos ricos, como a redución do imposto do patrimonio que supón deixar as arcas públicas sen 34 M€ tan necesarios para financiar os servizos públicos, máxime nun momento de crise, son recursos que permitirían contratar máis persoal médico ou máis profesoras e profesores no ensino”.

Reclamar unha fiscalidade xusta, “pola que pague máis quen máis ten”, indicou Rodil, segue a ser unha demanda que está en plena vixencia, “para ter un sistema impositivo progresivo que permita recadar o necesario para blindar os servizos públicos e para garantir os dereitos sociais nun momento de descontrol de prezos que está empobrecendo á maioría social”.

Por iso, dixo, “o BNG defende unha reforma fiscal pensada para o 99% dos galegos e das galegas e non para unha minoría formada polos que máis ricos, que é para a que goberna o PP”.

No acto de homenaxe, Rodil fixo unha proclama a favor da memoria de mulleres que, como as mártires de Nebra, protagonizaron unha historia de loita social. “Facer memoria como galegas, como mulleres e como traballadoras”, destacou, lembrando á feminista alemá Louise Otto Peters cando dicía que “as mulleres serán esquecidas se elas (se nós) esquecemos pensar sobre nós mesmas”.

Francisca Carou, Ramona Suárez, Xenerosa Vidal e Rosa Cadórniga estaban naquela mobilización “para defender o que era seu, a súa casa, as súas vidas”, e por iso foron asasinadas un 12 de outubro de 1916 cando máis de 400 persoas se manifestaban contra uns abusivos impostos cos que o Concello de Porto do Son decidira pagar a débeda que tiña coa Deputación da Coruña.

Foto de Nós Diario da homenaxe celebrada este 12 de outubro en Nebra

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ruido de fondo, de Alfredo Conde”. Alberto Barciela

“Ruido de fondo, de Alfredo Conde”. Alberto Barciela

“No empiecen a leer si creen que estas líneas son las del comienzo de una historia. Este no es el comienzo de tal cosa. Tampoco lo es de unas memorias. Ni siquiera es una evocación. Estas líneas tratan tan solo de una brisa que pasa. Las brisas pasan. Se suceden unas...