Muros acolle este 3 de outubro o recoñecemento a Juan e Perpetua Malvárez como Fotógrafos históricos

02 Outubro 2022

A Casa da Cultura de Muros acolle este 3 de outubro o recoñecemento da figura de ‘Fotógrafo histórico’ que  se vén organizando nos últimos anos ao abeiro do premio Luís Ksado de Creación Fotográfica, convocado pola Deputación da Coruña. Nesta edición son dous os homenaxeados, os muradáns Juan Malvárez e a súa filla Perpetua, a primeira muller en recibir esta distinción.

A xornada comezará ás 19 horas cun acto institucional encabezado pola alcaldesa de Muros, Inés Monteagudo, e polo responsable provincial de Cultura, Xurxo Couto, e no que tamén participa a neta do homenaxeado, Josefina Malvárez. Ás 19.30 horas celebrarase unha mesa redonda na que, ademais de Couto e de Málvarez, participarán Isidro Dubert, profesor de Historia na Universidade de Santiago de Compostela, e, como moderador, o fotógrafo Xurxo Lobato, comisario do premio Ksado.

“Baixo o selo ‘Foto Malvárez’”, afirma Couto para explicar os méritos de Juan e de Perpetua Málvarez ao recoñecemento, “está recollida a memoria social e as memorias familiares e particulares de toda unha comarca ao longo de practicamente un século”. “Falamos”, engade, “dun fotógrafo e unha fotógrafa que durante a súas respectivas traxectorias profesionais tiveron que vogar entre dous mundos: entre as herdanzas decimonónicas e os novos estilos de comezos do século XX, no caso do Juan Malvárez; e na transición do branco e negro cara a cor e cara novas incorporacións técnicas propias do auxe e popularización da fotografía, no caso de Perpetua Malvárez”.

Couto fala tamén da oportunidade e pertinencia de que Perpetua reciba o recoñecemento. “Este premio ten ademais a particularidade de incluír, por vez primeira, a figura dunha muller fotógrafa, unha muller que cando iniciou a súa traxectoria profesional se erixiu, con modestia pero con determinación, nunha sorte de pioneira en desempeñar un traballo aínda vinculado exclusivamente aos homes.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“El Rey legitimó la Corona”. José Castro López

“El Rey legitimó la Corona”. José Castro López

El Gobierno dio un paso significativo desclasificando documentos del fallido golpe de Estado del 23 de febrero de 1981. Aquel día, con la irrupción de Antonio Tejero en el Congreso, la incertidumbre paralizó al país y la joven democracia española vivió su momento más...

“Catálogo de estrellas”. Mario Clavell

“Catálogo de estrellas”. Mario Clavell

Hace tres semanas fue publicado el muy simpar catálogo REGALADE que enumera y da distancias y medidas de ochenta millones de galaxias en el cosmos observable. Distan hasta seis mil millones de años luz, y permite que los astrónomos identifiquen muchas más galaxias y...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.