Comezou a campaña electoral ás vogalías das xuntas xerais das Confrarías de Galicia e estenderase ata o 27 de outubro

20 Outubro 2022

Un total de 1.670 traballadores e 991 empresarios do sector do mar aspiran a ocupar algunha das vogalías das xuntas xerais da súa confraría de pescadores nas eleccións para a renovación dos órganos reitores destas entidades no conxunto de Galicia. Unha vez proclamadas as candidaturas definitivas, hoxe
iníciase a campaña electoral, que se prolongará ata o 27 de outubro, día incluído, sendo o 28 de outubro a xornada de reflexión e o 29 o día das votacións.
Unha vez electos os vogais da xunta xeral, tomarán posesión dos seus cargos na sesión constitutiva, que debe celebrarse na sede da confraría no prazo máximo de cinco días desde a súa proclamación definitiva. Nese primeiro pleno da sesión constitutiva da xunta xeral iniciarase o procedemento para elixir a patroa ou patrón maior, as vicepatroas ou vicepatróns e os vogais do cabido.
Os membros da xunta xeral elixirán por maioría simple en primeira volta á patroa ou patrón maior entre os candidatos. En caso de empate, repetiranse as votacións en segunda volta e, de manterse o empate, resolverase a favor do de maior antigüidade na confraría. Se aínda así persistise o empate, resolveríase a favor do de maior idade.
No mesmo acto e xusto a continuación, a xunta xeral elixirá de entre os seus membros as vicepatroas e vicepatróns primeiro e segundo e os vogais do cabido, respectando a paridade e proporcionalidade que se estableceu para a xunta xeral.
A resolución pola que se convocan estas terceiras eleccións unificadas ás confrarías de pescadores de Galicia saíu publicada no Diario Oficial de Galicia o pasado 5 de setembro.
De acordo coa normativa de aplicación, os comicios desenvólvense en tres fases. En primeiro lugar realízanse as eleccións nas distintas confrarías de Galicia, despois celebraranse as votacións nas tres federacións provinciais -A Coruña, Lugo e Pontevedra- e finalmente elixirase ao presidente da Federación Galega de Confrarías de Pescadores.

Outros artigos

Lecer na Ribeira presenta as propostas culturais para o verán

Este luns 23 de xuño presentouse en Santa Uxía a programación cultural do verán, baixo a denominación Lecer na Ribeira, que engloba todas as accións da época estival, dende esta derradeira fin de semana do mes de xuño ata a primeira quincena setembro. Na presentación...

+

Arde un vehículo na saída da AG-11 en Boiro sen causar feridos

Un incendio nun vehículo obrigou a intervir aos bombeiros do parque provincial de Boiro arredor das 18:42 horas, despois de que o 112 Galicia alertase dun lume na saída 24 da AG-11, no termo municipal de Boiro. O incidente tivo lugar no aparcadoiro de Espiñeira, onde...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Premios Lois Peña Novo” – Xosé González Martínez

“Premios Lois Peña Novo” – Xosé González Martínez

Este ano as asociacións integrantes do Colectivo Galeguizar Galicia están a desenvolver moitas iniciativas novidosas para incentivaren o uso da lingua galega en todos os eidos nos que están presentes. Por poñermos un exemplo, a Irmandade Xurídica Galega, que celebrou...

“La historia de Fuente Seca” – Manuel Domínguez

Dejadme contar la historia de Fuente Seca . La pequeña aldea se estaba muriendo de soledad y abandono. El parque solitario, el silencio de la mañana y la tarde, tanto era así que hasta el rio no cantaba. La escuela cerrada, como cerrada la alegría de los viejos del...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.