“Hai pescada do sur a mancheas, pero o sector pesqueiro esmorece (I)” – Antón Luaces

20 Outubro 2022

Coma unha esmola, a UE ven de outorgar coma en bendición outras 4.000 toneladas de pescada do sur á frota española. Millor sería dicir á maior parte da frota pesqueira española en augas do Cantábrico, do Atlántico e do Golfo de Cádiz. Esta concesión a maiores confirma o que os mariñeiros galegos levan meses constatando: hai pescada, pero a Comisión de Pesca xoga con este recurso á súa comenencia e sen atender ao que afirman os profesionais da pesca. Tampouco precisan, no seu absoluto facer e desfacer, dos informes científicos ao respecto, cuestión que semella conferir á citada Comisión de Pesca un poder omnímodo para decidir que o que é de todos -o peixe, por exemplo- só a ela, a Comisión, incumbe.

De todos  porque o peixe non ten un dono de seu. Como moito, ten un rexedor que debe cumprir e facer cumprir todos e cada un dos argumentos dos que os ministerios e os gobernos se dotan para que o reparto de posibilidades de pesca se aplique en función da frota de cada Estado membro e, sobre todo, da dependencia que este Estado teña da pesca. Eis o motivo polo que non se entende -diría mellor non entendo- que sendo España o país comunitario europeo con maior número de barcos e potencias destes en cabalos, sempre estea a expensas do que, en Consello de Ministros da UE deciden non o 27 membros desta, senón unha maioría de Estados que conforman os que carecen de frotas que faenan nun mar teoricamente tamén de todos: o océano Atlántico a os mares que con este se unen para ben de todos os cidadáns.

Cando non se trata dun reparto de cotas de tal ou cal pesqueira, é a aplicación dun regulamento que, coma no caso das artes de fondo, dis que danan zonas sensibles das que, por certo, nada opinan os científicos supostamente encargados do seu control.

O PINCHO

Pescada de Celeiro, de Burela, de Gran Sol, pero tamén de Boston, do Pacífico, pescada austral, do Cabo, pescada negra, arxentina; mais ninguén di nada de como e quen deu valor a esta pesqueira nas súas distintas localizacións. Ninguén di nada da orixe da arte que permite a captura desta especie, o pincho, dende vai pouco máis de 60 anos que se emprega para pescar sen prexudicar a calidade demostrable da pescada europea.

O arrastre e a volanta son artes aínda en uso que non poden competir ventaxosamente co pincho, unha liña con centos de anzois aos que acoden as pescadas, pican e quedan enganchadas. É, para moitos mariñeiros, un arte respectuoso coa maioría das especies de descarte e con indubidables vantaxes. Entre estas, que a pescada capturada coa arte do pincho non sufre tantos golpes e mazaduras por seren capturadas unha a unha. Deste xeito acádanse exemplares cunha presencia de peixe máis fresca. Coa cor prateada e brillantes reflexos. A pescada do pincho aguanta máis, sempre

máis fresca ca procedente do arrastre ou a volanta.

Unha pescada que se engancha ao anol e loita por se liberar deste durante horas, ata a súa morte, non é a que chega a bordo viva e acabada de capturar. Unha pescada do pincho que morre no anzol, perde unha gran cantidade de graxa pelexando por se liberar. E a súa carne é máis seca e “molida” ou “mazada”.

A pescada de Celeiro é a que se descarga neste porto lucense, un dos poucos españois que contan cunha importante frota que ten ao pincho como sistema de pesca no caladoiro do Gran Sol e que ten os seus medos, malia a seguridade da arte, sobre un futuro deseñado pola inefable Comisión de Pesca da UE que actúa como ama e señora dunha pesqueira na que non tivo arte nin parte.

Outros artigos

“Votar e rebotar”. Xulio Xiz

Na Administración hai informes preceptivos, que compre solicitar para completar determinados procedementos. E estes poden ser vinculantes ou non, segundo haxa que facerlles caso, ou a resolución pode disentir deles. Desde o concello de Lugo chaman a votar sobre o nome...

+

“El Fiscal y la corrupción”. José Castro López

José Castro LópezLa semana pasada “enriquecí” mi carpeta de noticias raras y curiosas incorporando unanueva que, si me la cuentan y no la veo publicada en medios serios, no la hubieracreído: “El Fiscal General del Estado y el ministro presidente de la Comisión Federal...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Notre Dame”. José Castro López

“Notre Dame”. José Castro López

Francia vive días de depresión política. Un extraño “consenso” entre las extremasizquierda y derecha tumbó al Gobierno y todo indica que el presidente no tiene fácil laresolución de esta crisis, muy preocupante para Europa porque coincide con el vacío depoder en...