Goiáns acolle a presentación de Papel de estraza, o libro que recupera a memoria histórica da Illa

25 Outubro 2022

O Pazo de Goiáns vai acoller este venres 28 de outubro a presentación do libro Papel de estraza, de Fernando Salgado e Juan Otero. Os autores estarán acompañados na presentación da concelleira de Cultura, María Outeiral, e do escritor Xosé Álvarez. A cita será ás 20.30 horas deste venres.

Papel de estraza é un libro editado polo Concello da Illa da Arousa que recupera a memoria deste territorio insular e que ten a súa orixe nunha historia moi coñecida na illa que relata como foi proclamada, da man duns veciños, unha república federal independente con goberno propio. Foi o 10 de outubro de 1934. As actas foron escritas nun papel de estraza, precisamente, a xeito de brincadeira humorística que finalmente, polos avatares daquel período histórico convulso, rematou por incriminar ás persoas implicadas e mesmo condenalas. De feito, co estoupido do 36, boa parte dos homes que artellaron a xeito de broma o novo goberno independente da Illa de Arousa, cos seus cargos e os seus cometidos, foron asasinados.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...