Galicia rexistrou hoxe un cento de incidencias relacionadas coa caída de árbores e outros obstáculos

20 Outubro 2022

Entre as 00:00 e as 17:59 horas do día de hoxe, o 112 Galicia rexistrou un total de 190 incidencias relacionadas coa meteoroloxía adversa, das que un cento tiveron que ver coa caída de árbores, ramas e outros obstáculos (como restos de accidentes) nas estradas.

No caso da caída de árbores e pólas sobre a vía, Coruña e Pontevedra foron as provincias máis afectadas, con 30 e 29 incidencias rexistradas, respectivamente. Por outra banda, en Lugo (12) e en Ourense (7) foron menos frecuentes. Á hora de tratar os restos de accidentes e outros obstáculos, as provincias da Coruña e Pontevedra volven destacar con 11 e 7 casos contabilizados.

No referido aos tramos horarios, na Coruña é de salientar o período comprendido entre as 11 e 15 horas desta tarde, cando se rexistraron 42 incidencias. En Pontevedra, entre as 13 e as 16 horas contáronse 40, mentres que en Lugo o período de maior actividade foi entre as 14 e as 16 horas, con 11 incidencias. Pola contra, en Ourense só se contabilizaron 8 no que vai de día.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.