Desde este luns poderán empregarse xa os descontos de 30€ do Bono Activa Comercio

23 Outubro 2022

Este luns, 24 de outubro, os clientes do comercio de proximidade galego poderán comezar a descargar e a empregar os descontos de 30 euros do Bono Activa Comercio, unha iniciativa á que a Xunta de Galicia destina 5M€ coa previsión de chegar a mobilizar 17M€ en compras no comercio de proximidade de toda Galicia.

Os bonos, en formato de código QR, poderán descargarse a través do móbil na web  bonosactivacomercio.gal, onde tamén estará dispoñible a lista de establecementos adheridos, á que poderán seguir sumándose comerciantes ata o vindeiro 30 de novembro.

A principal novidade deste ano é a ampliación de tramos de desconto e os importes. Así, o desconto será de 5 euros para compras a partir de 20 euros e inferiores a 30 euros; 10 euros para compras desde 30 euros e inferiores a 50; e de 15 euros se superan os 50 euros de compra.

O obxectivo desta iniciativa é axudar á economía das familias contribuíndo a aliviar o impacto da inflación na capacidade de gasto dos fogares galegos; así como incentivar as compras no comercio de proximidade, nunhas datas clave para a actividade comercial.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.