Comezan no Consistorio do Son as obras para acondicionar funcional e enerxeticamente o primeiro andar

24 Outubro 2022

O Concello de Porto do Son informou do arrinque dos traballos para acondicionar o primeiro andar da Casa Consistorial, tarefas que están a ser despregadas pola empresa Pavimentos de Noia e que veñen cunha contía de 50.000 euros. Nesta primeira fase do proxecto, porase o foco en optimizar a contorna da secretaría e en acondicionar un espazo “multifucional” para xuntanzas.

Tamén está previsto, neste primeiro treito dos traballos programados, dar un pulo ao primeiro andar do Concello en materia de eficiencia enerxética, mellorando o illamento térmico, substituíndo as xanelas e achegando calefacción a través de chan radiante. Outro dos puntos que será obxecto dunha posta a punto será o aseo. Esta primeira fase forma parte dun proxecto que pretende a remodelación integral de todo o edificio.

As obras que se están a levar a cabo estes días dan continuidade ás realizadas o ano pasado, impulsadas polo Concello e centradas no andar baixo do inmóbel, onde foi habilitada a oficina de atención do cidadán e na que puideron ampliarse as dependencias da Policía Local. Amais, achegáronse uns baños libres de barreiras que garanten o seu uso entre as persoas con outras mobilidades. No andar baixo a cidadanía tamén poderá atopar a sede do Rexistro Civil.

Outros artigos

O 20 de xuño celébrase a II Andaina Nocturna de Nebra

Volve a Andaina Nocturna de Nebra, logo de éxito de participación do ano pasado, e faino cunha segunda edición programada para o sábado 20 de xuño a partir das 22.00 horas (recepción) na Casa Veciñal de Nebra (campo da festa) e cun prezo de oito euros de inscrición....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...